Cursos de verán de lingua e cultura galegas 2014
Estes cursos están dirixidos a persoas de fóra de Galicia, coa finalidade de ofrecerlles a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Ademais das clases de lingua, están programadas leccións sobre literatura, historia, xeografía, arte etc., de Galicia, así como visitas a lugares de especial interese cultural da cidade.
Os cursos constan de distintos niveis:
- Nivel elemental, de iniciación á lingua para quen desexe introducirse no seu coñecemento. O alumnado deste nivel distribuirase previsiblemente en dous grupos, segundo o grao de comprensión da lingua, mediante a realización dunha proba de nivel.
- Nivel medio, destinado a quen xa realizou o curso elemental ou que demostre un coñecemento básico do idioma mediante a realización dunha proba de nivel.
- Curso superior de lingüística e de literatura galegas, para quen cursou o nivel medio ou acredite un bo dominio do galego.
ORGANIZAN:
REAL ACADEMIA GALEGA
INSTITUTO DA LINGUA GALEGA (USC)
SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA (XUNTA DE GALICIA)
CONTACTO
Secretaría dos cursos:
Tfno. 0034 8818 12809, 0034 881 812 801
Enderezos electrónicos:
cursos@realacademiagalega.org
ilgcurso@usc.es
Director: Xosé Luís Regueira
Secretaria: Noemi Basanta Llanes