"Visita e café" con Laura Lesta García
Data inicio:
xoves, Setembro 14, 2023 - 11:30
Poster:
![](https://ilg.usc.gal/sites/default/files/styles/novas_img/public/actividades_img/cartel_visita_cafe.png?itok=Dl4OPO2H)
Descrición:
O día 14 inaugúrase no ILG a actividade Visita e café co obxectivo de coñecer a investigación e intereses do profesorado visitante do Instituto e poder achegarlle ideas e suxestións. O primeiro café informal será con Laura Lesta García, do Middlebury College (Estados Unidos), quen nos acompañará durante un ano para desenvolver a súa investigación sobre o estudo do humor e da súa relación coa historia e os procesos de formación nacional e identitaria na Península Ibérica, especialmente en Galicia.