Actividades

Actividades futuras

  • 18/11/25

    Encóntrase aberto ata o 13 de novembro o prazo de inscrición para participar no Simposio ILG 2025, en que se reflexionará sobre o presente e o futuro da lingua galega na era dixital. Este evento terá lugar do 18 ao 20 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC.

  • 23/10/25

    Encóntrase aberto ata o 22 de outubro o prazo de inscrición na XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social, que vai ter lugar o 23 e 24 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC. Nesta edición presentaranse comunicacións sobre a repercusión que ten o cambio social tanto no desenvolvemento do traballo terminolóxico coma no propio produto e na súa difusión.

Histórico de actividades

  • 19/06/25

    Santiago de Compostela acollerá por cuarta vez, do 18 ao 20 de xuño de 2025, as investigadoras e investigadores do Atlas Linguistique Roman (ALiR) no seu XXV Simposio Internacional. A xornada do xoves 18 encóntrase aberta ao público xeral e non é necesaria a inscrición previa para poder asistir.

  • 19/06/25

    O 19 e 20 de xuño de 2025 vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC o Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza, organizado por varios membros do Instituto da Lingua Galega. Ata o 8 de xuño encóntrase aberto o prazo de inscrición

  • 11/06/25

    Anik Nandi, profesor da Woxsen University (India), ofrecerá o mércores 11 de xuño a conferencia Micropolíticas familiares e a cidadanía sociolingüística dos proxenitores galegos e vascos: ideoloxías, xestión e prácticas de revitalización lingüística. O evento, organizado polo Consello da Cultura Galega e o ILG, terá lugar lugar na sala de divulgación do noso centro ás 13 h.

  • 09/06/25

    Encóntrase aberto ata o 31 de maio o período de inscrición para asisitir ao V Congreso Toponomasticon Hispaniae, último da primeira fase do proxecto do mesmo nome e que terá lugar do 9 ao 11 de xuño de 2025 na Facultade de Filoloxía da USC.

  • 09/05/25

    II Xeira CLARIAH-GAL, que terá lugar o 9 de maio na Facultade de Filoloxía da USC, pretende ser un espazo para dar a coñecer as infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH, así como para difundir e pór en contacto proxectos e grupos de investigación galegos que traballen no ámbito das Humanidades Dixitais e das tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.

Páxinas