O 19 e 20 de xuño de 2025 vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC o Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza, organizado por varios membros do Instituto da Lingua Galega. Ata o 4 de abril encóntrase aberto o prazo de inscrición.
Actividades
Actividades futuras
-
19/06/25
-
09/05/25
A II Xeira CLARIAH-GAL, que terá lugar o 9 de maio na Facultade de Filoloxía da USC, pretende ser un espazo para dar a coñecer as infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH, así como para difundir e pór en contacto proxectos e grupos de investigación galegos que traballen no ámbito das Humanidades Dixitais e das tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.
-
22/04/25
Sabela Salgueiro, traballadora social especializada en saúde, sexualidade e xénero, falará sobre ferramentas para previr a ciberviolencia sexual o 22 de abril, ás 16:30 h, na sala de divulgación do Instituto da Lingua Galega da USC. Tamén poderá seguirse en directo a través da nosa canle de Youtube.
-
02/04/25
O profesor João Veloso, da Universidade do Porto (Portugal) e xefe do Departamento de Portugués na Universidade de Macau (China), ofrecerá o mércores 2 de abril, ás 12 h, a conferencia "O português na paisagem linguística de Macau" no salón de graos da Facultade de Filoloxía (USC).
-
31/03/25
O Validatón 2025 é unha competición aberta ao alumnado das titulacións de Filoloxía en que poderá contribuír á creación de recursos para o galego en Common Voice. Haberá premios en metálico para cada unha das persoas gañadoras de cada categoría e para a persoa con máis contribucións totais.
Páxinas
Histórico de actividades
-
19/03/25
Este curso de iniciación ás técnicas estatísticas componse dunha parte teórica e dunha parte práctica que serán impartidas respectivamente por Rosa Crujeiras, da Universidade de Santiago de Compostela, e por Alba Aguete Cajiao, da Universidade de Salamanca e cola
-
30/01/25
O xoves 30 de xaneiro tivo lugar un novo encontro de “Visita e café” con Henrique Rodrigues Leroy, da Universidade Federal de Minas Gerais.
-
14/01/25
O Instituto da Lingua Galega e o proxecto EstandaRev, que se dedica ao estudo comparado dos fundamentos valorativos e ideolóxicos da estandarización de español, catalán, galego e éuscaro en España, organizan este coloquio sobre as e os falantes perante os estándares lingüísticos en Flandres, Noruega e Suráfrica.
-
09/01/25
O xoves 9 de xaneiro, ás 12 h, terá lugar na sala de descanso do noso centro un novo encontro de "Visita e café" con Thayane Gaspar Jorge, da Universidade Federal do Rio de Janeiro.
-
13/12/24
O 13 de decembro terá lugar no ILG unha nova edición de LingüisticaMente. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística, xornada organizada polo noso centro, o Instituto de Psicoloxía e o Grupo Procesos Cognitivos e Conduta (PCC) da USC. Tamén existirá a posibilidade de seguir a emisión en directo a través da nosa canle de Youtube.