Novidades

  • 29/05/26 !

    III Xeira CLARIAH-GAL

    29 de maio terá lugar a III Xeira CLARIAH-GAL, iniciativa promovida por CLARIAH-GAL que busca favorecer o intercambio de coñecemento e a creación de redes entre investigadoras e investigadores que traballan nos ámbitos das Humanidades Dixitais e as tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais. Nestes momentos encóntrase aberto o prazo para o envío de propostas de póster ata o 17 de abril de 2026.

  • 21/04/26 !

    Exposición sobre helenismos en galego

    O proxecto Falas grego, e non o sabes! Helenismos do galego, coordinado pola investigadora do ILG Teresa Amado e que ten como obxectivo a análise das etimoloxías gregas do léxico galego, integra unha exposición sobre proxectos colaborativos na Facultade de Filoloxía da USC.

  • 25/03/26 !

    III Faladoiro con Laura Lesta García

    O 25 de marzo tivo lugar o III Faladoiro con Laura Lesta García, do Middlebury College (Vermont, EE.UU.), organizado pola Comisión de Xénero e Igualdade do Instituto da Lingua Galega. Lesta investiga sobre o humor e a súa relación coa historia e os procesos de formación nacional e identitaria na Península Ibérica, especialmente en Galicia.