O 29 de maio terá lugar a III Xeira CLARIAH-GAL, iniciativa promovida por CLARIAH-GAL que busca favorecer o intercambio de coñecemento e a creación de redes entre investigadoras e investigadores que traballan nos ámbitos das Humanidades Dixitais e as tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais. Nestes momentos encóntrase aberto o prazo para o envío de propostas de póster ata o 17 de abril de 2026.
Novidades
-
29/05/26
!
III Xeira CLARIAH-GAL
-
21/04/26
!
Membros do ILG participan nunha xornada sobre IA xerativa na UVigo
O 21 de abril vai ter lugar a xornada A IA xerativa tamén en galego. Dereitos lingüísticos e boas prácticas para a docencia tecnolóxica, organizada pola Universidade de Vigo. Os membros do noso centro Adina Vladu e Manuel González González participan na mesa redonda "Recursos lingüísticos e terminolóxicos para a docencia en galego no ámbito tecnolóxico".
-
25/03/26
!
III Faladoiro con Laura Lesta García
O 25 de marzo tivo lugar o III Faladoiro con Laura Lesta García, do Middlebury College (Vermont, EE.UU.), organizado pola Comisión de Xénero e Igualdade do Instituto da Lingua Galega. Lesta investiga sobre o humor e a súa relación coa historia e os procesos de formación nacional e identitaria na Península Ibérica, especialmente en Galicia.





