Gramática Histórica da Lingua Galega (GHLG)
Investigadores principais:
Membros do equipo:
Descrición:
A realización desta obra foi o que motivou a construción dun corpus do galego medieval. Durante bastantes anos quedou relegada a un segundo plano e os esforzos centráronse sobre todo nos traballos do Xelmírez. A actividade concéntrase en cinco obxectivos:
- Establecemento, revisión e mellora dos parámetros de lematización e etiquetación gramatical das obras medievais.
- Revisión dos parámetros de análise da base de datos de sintaxe do galego medieval (AOGM).
- Preparación (informatización e codificación) das obras do galego medio (Idade Moderna) para a inclusión dos datos lingüísticos do período nas explicacións globalizadas da gramática histórica.
- Construción de bases de datos parciais (fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas) nas que se recollen e codifican as atestacións textuais dos cambios lingüísticos. Na actualidade ponse o foco moi especialmente no arquivo sistemático de unidades de interese para os estudos fonéticos.
- Redacción dalgúns capítulos da obra. Están moi avanzados os correspondentes á teoría do cambio lingüístico, ás fontes textuais de estudo, ao vocalismo, ao consonantismo, ao verbo, ao posesivo e aos pronomes de cuantificación.
Imaxe:
Data de execución:
2007 a 2018
Financiamento:
Carece de financiamento