A II Xeira CLARIAH-GAL, que terá lugar o 9 de maio na Facultade de Filoloxía da USC, pretende ser un espazo para dar a coñecer as infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH, así como para difundir e pór en contacto proxectos e grupos de investigación galegos que traballen no ámbito das Humanidades Dixitais e das tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.
Novidades
-
09/05/25
!
II Xeira CLARIAH-GAL
-
27/03/25
!
Ciclo de conversas coas mulleres do ILG. II Faladoiro con Alba Aguete Cajiao
No II Faladoiro contaremos con Alba Aguete Cajiao, profesora axudante doutora da Área de Filoloxía Románica da Universidade de Salamanca e colaboradora do ILG, quen nos falará do seu labor investigador e docente desde a súa perspectiva como muller.
-
13/03/25
!
Ramón Mariño e José António Souto Cabo presentan o seu novo libro
O 13 de marzo vai ter lugar a presentación do libro De Rui Vasques a Gregório de Lobariñas Feijó. Venturas e desventuras do Libro dos bispos de Yrea e Santiago, de Ramón Mariño e José António Souto Cabo, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela.