A revista científica de publicación continua Estudos de Lingüística Galega (ELG), editada polo Instituto da Lingua Galega da USC, reúne nestes momentos no seu número en curso un conxunto de oito estudos multidisciplinares en linguas románicas.
Novidades
-
01/09/26
!
A revista ELG publica novos artigos no seu último número
-
20/05/26
!
Artigo de Elisa Fernández Rei e Pedro Oliveira sobre a prosodia e entoación do mirandés
Elisa Fernández Rei acaba de publicar, xunto a Pedro Guedes de Oliveira, da Université Jean Moulin Lyon III, o artigo "Prosodic and intonational patterns in Mirandese: An instrumental analysis of a minority language in Portugal". O texto pode consultarse no volume 12(1) da publicación en liña Isogloss.
-
11/05/26
!
Artigo de Estela Fidalgo sobre o piropo en 'Galicia 21'
A investigadora do ILG Estela Fidalgo Garra vén de publicar o artigo "O papel (des)cortés do humor na produción do piropo galego" na revista Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies, en que analiza as diferenzas xeracionais e de xénero á hora de empregar elementos humorísticos na produción do piropo.





