O período para matricularse e solicitar unha das 20 bolsas para o Mestrado Europeo de Lexicografía (EMLex) encóntrase aberto ata o 2 de febreiro. O EMLex é un mestrado de carácter interuniversitario coordinado pola investigadora do Instituto da Lingua Galega María José Domínguez Vázquez. O ILG é un dos centros en que o alumnado participante pode realizar as súas prácticas.
Novidades
-
02/02/26
!
Aberto o prazo para matricularse no mestrado EMLex ata o 2 de febreiro
-
27/01/26
!
A revista ELG renova o selo de calidade FECYT
A revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega (ELG) renova o selo de calidade da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), un recoñecemento que avala a excelencia editorial e científica das revistas académicas españolas.
-
12/12/25
!
Ramón Mariño e Damián Suárez editan o arquivo dixital 'Papés d’e emprenta condenada'
O Consello da Cultura Galega (CCG) pon á disposición do público a ferramenta Papés d’e emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846, a cal permite explorar e analizar a produción escrita en lingua galega durante un período clave da súa historia. Ramón Mariño Paz, investigador do ILG, e Damián Suárez Vázquez son os editores deste arquivo dixital.





