A prestixiosa editorial De Gruyter acaba de publicar o volume colectivo Diachronic divergences in West Iberian languages, que conta coa participación dos membros do ILG Carme Silva, Francisco Dubert e Xulio Sousa, autores de tres dos capítulos do volume no ámbito do galego e da súa evolución diacrónica.
Novidades
-
02/09/26
!
Investigadores do ILG participan nun volume sobre a diverxencia diacrónica nas linguas iberoccidentais
-
01/09/26
!
A revista ELG publica novos artigos no seu último número
A revista científica de publicación continua Estudos de Lingüística Galega (ELG), editada polo Instituto da Lingua Galega da USC, reúne nestes momentos no seu número en curso un conxunto de oito estudos multidisciplinares en linguas románicas.
-
20/05/26
!
Artigo de Elisa Fernández Rei e Pedro Oliveira sobre a prosodia e entoación do mirandés
Elisa Fernández Rei acaba de publicar, xunto a Pedro Guedes de Oliveira, da Université Jean Moulin Lyon III, o artigo "Prosodic and intonational patterns in Mirandese: An instrumental analysis of a minority language in Portugal". O texto pode consultarse no volume 12(1) da publicación en liña Isogloss.





