II Xeira CLARIAH-GAL

Data de inicio: 
venres, Maio 9, 2025 - 09:00
Data de fin: 
venres, Maio 9, 2025 - 19:30

CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura de investigación dixital distribuída constituída por un grupo multidisciplinar de expertos de dez institucións españolas de investigación. A súa misión é coordinar a participación de España nos Consorcios Europeos de Infraestruturas de Investigación CLARIN e DARIAH, facilitar o avance da investigación española en humanidades, artes e ciencias sociais e promover o posicionamento estratéxico en proxectos e programas internacionais, principalmente no contexto do Espazo Europeo de Investigación.

A II Xeira CLARIAH-GAL pretende ser un espazo para dar a coñecer estas infraestruturas, así como para difundir e pór en contacto proxectos e grupos de investigación galegos que traballen no ámbito das Humanidades Dixitais e das tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.

O próximo día 9 de maio terá lugar a II Xeira no salón de graos da Facultade de Filoloxía. Ademais de conferencias e comunicacións por convite, durante o evento presentaranse pósters de proxectos relacionados coas Artes, Ciencias Sociais e Humanidades Dixitais que se estean levando a cabo en Galicia ou por grupos de investigación galegos.

Poster: 

Sección

Cronograma
Data límite para o envío de propostas de póster: 31 de marzo
Notificación de aceptación da proposta: 14 de abril
Inscrición: ata o 30 de abril
II Xeira CLARIAH-GAL: 9 de maio
Submisións

Se queres presentar un póster do teu proxecto, liña de investigación, recurso ou grupo de investigación nesta xeira, convidámoste a enviar un resumo ao seguinte enderezo electrónico: ilgsec@usc.gal.

O resumo non deberá exceder as 500 palabras (excluíndo referencias bibliográficas) e deberá incluír o título e autoría do póster, así como a motivación, obxectivos, método ou resultados do proxecto presentado. Os pósters deberán ter orientación vertical e tamaño A1.

Data límite para o envío do resumo: 31 de marzo
Notificación de aceptación da proposta: 14 de abril
Sesión de pósters: 9 de maio, 16:30-18:00 h