O corpus CORTEGAL, Corpus de textos escritos por estudantes no ámbito académico, resultado do proxecto do mesmo nome dirixido por María Álvarez de la Granja e Ernesto González Seoane, xa se atopa en aberto para a súa consulta.
Novidades
-
CORTEGAL, novo recurso do ILG
01/02/23 -
Páxina web sobre os materiais galegos do ALPI
30/01/23O proxecto Variación e cambio nos dominios galego e portugués no século XX, dirixido polo investigador do ILG Xulio Sousa, acaba de facer pública a páxina web Os materiais galegos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica.
-
Número especial sobre o Camiño de Santiago na revista "Journal of Medieval Iberian Studies"
12/01/23O investigador do ILG Henrique Monteagudo editou recentemente, xunto a Simon Doubleday da Hofstra University de Nova York, o número Medieval Galicia: beyond the Camiño da revista Journal of Medieval Iberian Studies.
-
Contrato de investigación para o ILG
30/12/22Atópase aberta a convocatoria dunha praza de investigador(a) colaborador(a) para o ILG, de carácter indefinido e a tempo completo, para a recolleita, análise e tratamento de datos lingüísticos. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de decembro ás 23:59 h. -
Artigo de Rosario Álvarez en "Espais de frontera a la península ibèrica"
26/12/22A investigadora do ILG Rosario Álvarez publica un artigo sobre o proxecto de dialectoloxía cidadá DOA en "Espais de frontera a la península ibèrica", sección monográfica do número 22 de eHumanista IVITRA.
-
Vídeo do Simposio ILG 2022
23/12/22O vídeo da clausura do Simposio ILG 2022 e da presentación do libro en homenaxe a Harvey L. Sharrer xa se pode ver na canle de Youtube do ILG.
-
Artigo de Eva M.ª Domínguez Noya e Vítor Míguez en ELG
18/12/22Eva María Domínguez Noya e Vítor Míguez son os autores do artigo "Unha mellora do CORGA extrapolable a outros corpus e linguas: a etiquetaxe da nomenclatura científica binomial", publicado no último número de Estudos de Lingüística Galega.
-
M.ª Dolores Sánchez Palomino, académica numeraria da RAG
18/12/22A catedrática de Filoloxía Románica da Universidade da Coruña e colaboradora do ILG María Dolores Sánchez Palomino ingresou este sábado na Real Academia Galega (RAG) como membro de número co discurso Ten sentido unha lexicografía académica bilingüe? [De lexicografía e Academias].
-
Conferencia de Craig Willis no ILG
12/12/22Craig Willis, investigador do European Centre for Minority Issues (ECMI) en Flensburg, ofrecerá unha conferencia sobre linguas minorizadas e televisión o luns 12 de decembro, ás 12:30 h, no ILG.
-
Presentación dun libro de homenaxe a Harvey L. Sharrer
02/12/22O venres 2 de decembro, ás 19:30 h, vaise presentar na Facultade de Filoloxía o libro «Tenh’eu que mi fez el i mui gram bem». Estudos sobre cultura escrita medieval dedicados a Harvey L. Sharrer, editado polo colaborador do ILG Ricardo Pichel.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »