O vindeiro martes 2 de xuño temos unha nova sesión de Visita e café co investigador João Víctor Lima Ferreira Dutra, da Universidade Federal Fluminense (Brasil), que está a realizar a súa estadía no ILG baixo a supervisión de Henrique Monteagudo.
Novidades
-
Destacado
Visita e café con João Víctor Lima
02/06/26 -
Destacado
Dolores Vilavedra, nova presidenta do Consello da Cultura Galega
29/05/26Dolores Vilavedra, catedrática de Literatura Galega e investigadora do ILG, foi elixida o mércores 27 de maio nova presidenta do Consello da Cultura Galega polo pleno da institución en subtitución de Rosario Álvarez, que desempeñou o cargo ao longo destes oito últimos anos. Na actualidade, Vilavedra formaba parte do plenario do CCG en representación do noso centro e era vicepresidenta e coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación.
-
Destacado
III Xeira CLARIAH-GAL
29/05/26O 29 de maio terá lugar a III Xeira CLARIAH-GAL, iniciativa promovida por CLARIAH-GAL que busca favorecer o intercambio de coñecemento e a creación de redes entre investigadoras e investigadores que traballan nos ámbitos das Humanidades Dixitais e as tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais. Nestes momentos encóntrase aberto o prazo de inscrición ata o 22 de maio de 2026.
-
Destacado
Artigo de Elisa Fernández Rei e Pedro Oliveira sobre a prosodia e entoación do mirandés
20/05/26Elisa Fernández Rei acaba de publicar, xunto a Pedro Guedes de Oliveira, da Université Jean Moulin Lyon III, o artigo "Prosodic and intonational patterns in Mirandese: An instrumental analysis of a minority language in Portugal". O texto pode consultarse no volume 12(1) da publicación en liña Isogloss.
-
Destacado
Artigo de Estela Fidalgo sobre o piropo en 'Galicia 21'
11/05/26A investigadora do ILG Estela Fidalgo Garra vén de publicar o artigo "O papel (des)cortés do humor na produción do piropo galego" na revista Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies, en que analiza as diferenzas xeracionais e de xénero á hora de empregar elementos humorísticos na produción do piropo.
-
Destacado
Resolución definitiva da asignación de axudas para estadías no ILG
06/05/26Acaba de facerse a pública a resolución definitiva de asignación de dúas axudas para a realización de estadías de investigación no Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela. As dúas persoas seleccionadas son Leticia-Tian Zhang, da Beijing Foreign Studies University, e Manuel Delicado Cantero, da Australian National University.
-
Destacado
Visita do alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel
27/03/26O 26 de marzo recibimos a visita de alumnado de primaria e de secundaria do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel, que puido coñecer a través das probas da nosa xincana algúns dos proxectos desenvoltos no ILG.
-
Destacado
III Faladoiro con Laura Lesta García
25/03/26O 25 de marzo tivo lugar o III Faladoiro con Laura Lesta García, do Middlebury College (Vermont, EE.UU.), organizado pola Comisión de Xénero e Igualdade do Instituto da Lingua Galega. Lesta investiga sobre o humor e a súa relación coa historia e os procesos de formación nacional e identitaria na Península Ibérica, especialmente en Galicia.
-
Destacado
Inauguración do Punto de Igualdade do ILG
10/03/26O martes 10 de marzo, ás 11 h, inaugúrase o Punto de Igualdade do ILG creado pola Comisión de Xénero e Igualdade do centro. No acto intervirá Sonia Esperanza Rodríguez Boente, delegada para a Igualdade da USC, coa que se manterá a seguir unha conversa aberta.
-
Destacado
Vítor Míguez, novo coordinador de CLARIAH-GAL
16/02/26O Consello Científico do Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acordou por unanimidade, nunha reunión celebrada o pasado 10 de febreiro na súa sede, propoñer o investigador Vítor Míguez como novo coordinador de CLARIAH-GAL.





