O ILG participa como entidade coorganizadora do V Congresso Internacional em Variação Linguística nas Línguas Românicas xunto ao Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro (UA), institución impulsora do evento. O congreso terá lugar do 23 ao 25 de xuño de 2027 na UA e o prazo para o envío de propostas encóntrase aberto ata o 1 de febreiro de 2027.
Novidades
-
Destacado
O ILG coorganiza en Aveiro o 'V Congresso Internacional em Variação Linguística nas Línguas Românicas'
01/02/27 -
Destacado
Aberto o prazo de expresións de interese para a vinculación de persoal investigador ao ILG
28/10/26O ILG abre unha nova convocatoria de expresións de interese dirixida ao persoal investigador que desexe vincularse formalmente á actividade científica do centro. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 28 de outubro de 2026.
-
Destacado
Acto de ingreso na RAG de Ernesto González Seoane
03/10/26O investigador do ILG Ernesto González Seoane ingresará como académico de número na Real Academia Galega o vindeiro sábado 3 de outubro. O acto oficial terá lugar, ás 12:00 horas, no Paraninfo da USC, espazo onde o catedrático pronunciará o discurso "Reflexións arredor da prescrición e a descrición no dicionario (académico)". Antón Santamarina será o encargado de darlle a réplica en nome da RAG.
-
Destacado
Antón Santamarina recibe o IX Premio Luís Porteiro Garea da USC
16/09/26Antón Santamarina recolleu o IX Premio Luís Porteiro Garea nun emotivo acto que tivo lugar este mércores no Paraninfo da USC. O investigador do ILG Xosé Luís Regueira, discípulo de Santamarina e compañeiro de despacho desde hai 30 anos, foi o encargado de ler a laudatio.
-
Destacado
Investigadores do ILG participan nun volume sobre a diverxencia diacrónica nas linguas iberoccidentais
02/09/26A prestixiosa editorial De Gruyter acaba de publicar o volume colectivo Diachronic divergences in West Iberian languages, que conta coa participación dos membros do ILG Carme Silva, Francisco Dubert e Xulio Sousa, autores de tres dos capítulos do volume no ámbito do galego e da súa evolución diacrónica.
-
Destacado
A revista ELG publica novos artigos no seu último número
01/09/26A revista científica de publicación continua Estudos de Lingüística Galega (ELG), editada polo Instituto da Lingua Galega da USC, reúne nestes momentos no seu número en curso un conxunto de oito estudos multidisciplinares en linguas románicas.
-
Antón Santamarina recibe este mércores o Premio Luís Porteiro Garea
16/09/26Antón Santamarina recibirá o Premio Luís Porteiro Garea o vindeiro mércores 16 de setembro nun acto institucional que terá lugar no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia ás 12:00 horas.
-
Visita e café con João Víctor Lima
02/06/26O vindeiro martes 2 de xuño temos unha nova sesión de Visita e café co investigador João Víctor Lima Ferreira Dutra, da Universidade Federal Fluminense (Brasil), que está a realizar a súa estadía no ILG baixo a supervisión de Henrique Monteagudo.
-
Dolores Vilavedra, nova presidenta do Consello da Cultura Galega
29/05/26Dolores Vilavedra, catedrática de Literatura Galega e investigadora do ILG, foi elixida o mércores 27 de maio nova presidenta do Consello da Cultura Galega polo pleno da institución en subtitución de Rosario Álvarez, que desempeñou o cargo ao longo destes oito últimos anos. Na actualidade, Vilavedra formaba parte do plenario do CCG en representación do noso centro e era vicepresidenta e coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación.
-
III Xeira CLARIAH-GAL
29/05/26O 29 de maio terá lugar a III Xeira CLARIAH-GAL, iniciativa promovida por CLARIAH-GAL que busca favorecer o intercambio de coñecemento e a creación de redes entre investigadoras e investigadores que traballan nos ámbitos das Humanidades Dixitais e as tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais. Nestes momentos encóntrase aberto o prazo de inscrición ata o 22 de maio de 2026.





