Fonoteca do Atlas Lingüístico do Pará
Data:
luns, Decembro 10, 2018 - 14:15
Imaxe:
![](https://ilg.usc.gal/sites/default/files/styles/novas_img/public/images_novas/captura_5.png?itok=S57XXSwm)
Investigadores e investigadoras da Universidade do Pará (Brasil) poñen a disposición do público a fonoteca do Atlas Lingüístico do Pará.
Nesta fonoteca ofrécense 345 gravacións correspondentes a oito localidades do estado do Pará organizadas por idade, sexo e escolaridade. Na páxina http://geosociolin.com/ poden encontrarse o texto e e os audios.
O equipo de traballo está dirixido por Abdelhak Razky, que tamén participa, canda outros membros do equipo investigador da fonoteca, no Tesouro do Léxico Patrimonial Galego e Portugués coordinado desde o Instituto da Lingua Galega.