O xoves 9 de xaneiro, ás 12 h, terá lugar na sala de descanso do noso centro un novo encontro de "Visita e café" con Thayane Gaspar Jorge, da Universidade Federal do Rio de Janeiro.
Novidades
-
Visita e café con Thayane Gaspar Jorge
09/01/25 -
Oferta de contratos para o desenvolvemento de modelos de lingua e IA
17/12/24O ILG e o CiTIUS da USC ofertan catro prazas con perfil de enxeñaría (informática, telecomunicacións...) e outras áreas STEM para traballar dentro do Proxecto Nós no desenvolvemento de modelos de lingua de voz e texto.
-
LingüisticaMente IV. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística
13/12/24O 13 de decembro terá lugar no ILG unha nova edición de LingüisticaMente. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística, xornada organizada polo noso centro, o Instituto de Psicoloxía e o Grupo Procesos Cognitivos e Conduta (PCC) da USC. Tamén existirá a posibilidade de seguir a emisión en directo a través da nosa canle de Youtube.
-
O BNG visita o Instituto da Lingua Galega
10/12/24Hoxe recibimos no Instituto da Lingua Galega unha delegación do BNG integrada por Ana Pontón, voceira do partido, a deputada Mercedes Queixas Zas e o deputado Daniel Castro García, que solicitaron manter unha reunión coa dirección do centro.
-
Reyes Rodríguez publica un libro sobre a realidade sociolingüística da Limia Baixa
04/12/24Acaba de saír do prelo A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego, da investigadora do ILG Reyes Rodríguez Rodríguez, na colección Materiais Lingüísticos do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.
-
Defensa da tese de doutoramento de Clara Lago Caamaño
02/12/24Clara Lago Caamaño defendeu o 2 de decembro a tese de doutoramento Cambio lingüístico en tempo real no léxico dispoñible do galego: a alimentación, dirixida polo investigador do noso centro Xulio Sousa. O traballo de investigación foi cualificado con sobresaliente cum laude.
-
Novo artigo en ELG sobre actitudes lingüísticas
27/11/24Ana María Iglesias Álvarez, da Universidade de Vigo, Pedro Álvarez Mosquera, da Universidad de Salamanca e da University of South Africa, e Alejandro Marín Gutiérrez, da Universidad del Atlántico Medio, asinan o artigo "Explorando actitudes lingüísticas implícitas e explícitas: o caso galego" no n.º 16 da revista Estudos de Lingüística Galega.
-
Simposio ILG 2024. Cultura Impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos
27/11/24O 27 e 28 de novembro vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC unha nova edición do simposio do ILG, que conta de novo coa colaboración do Consello da Cultura Galega. Nesta ocasión céntrase en novas liñas de investigación no campo dos estudos da cultura impresa.
-
Actividade formativa de recollida e validación de datos de voz en galego
22/11/24Esta actividade formativa, ofrecida polo Proxecto Nós en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e dirixida ao alumnado de grao da Universidade de Santiago de Compostela, presenta un percorrido teórico e práctico de 25 horas polas tecnoloxías da fala en galego.
-
Simposio ILG 2025. A intelixencia artificial e a lingua galega: oportunidades e riscos
18/11/24O salto tecnolóxico producido nos últimos anos pola intelixencia artificial (IA) revolucionou as tecnoloxías lingüísticas, tanto nas aplicacións de texto coma nas centradas na fala. Esta verdadeira revolución pode acentuar a brecha entre as grandes linguas e as linguas máis pequenas, e particularmente as linguas minorizadas, que se poden ver amezadas de extinción dixital.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »