Prácticas do Mestrado EMLex no Instituto da Lingua Galega

Data: 
luns, Decembro 9, 2019 - 10:30

A estudante Mariana Fernandes Barbosa, procedente da Universidade do Minho (Braga, Portugal), realiza as prácticas do prestixioso Máster Erasmus Mundus en Lexicografía (EMLEX) no Instituto da Lingua Galega. 

As prácticas desenvolveránse dentro do proxecto Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués entre os meses de novembro e decembro.