Esta actividade formativa, ofrecida polo Proxecto Nós en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e dirixida ao alumnado de grao da Universidade de Santiago de Compostela, presenta un percorrido teórico e práctico de 25 horas polas tecnoloxías da fala en galego.
Novidades
-
Destacado
Actividade formativa de recollida e validación de datos de voz en galego
22/11/24 -
Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza
19/06/25O 19 e 20 de xuño de 2025 vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC o Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza, organizado por varios membros do Instituto da Lingua Galega. Ata o 28 de febreiro encóntrase aberto o prazo para o envío de propostas de comunicación a nivel individual ou para conformar unha mesa.
-
Aberto o prazo de preinscrición dos cursos "Galego sen fronteiras"
04/04/25O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega organizan unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia "Galego sen fronteiras". A preinscrición desta 35.º edición encóntrase aberta e pode realizarse ata o 4 de abril a través do blog dos cursos .
-
'Informe sobre a situación da lingua galega segundo os datos do Instituto Galego de Estatística de 2023'
13/03/25Henrique Monteagudo, Xaquín Loredo e Gabino S.Vázquez son os autores do 'Informe sobre a situación da lingua galega segundo os datos do Instituto Galego de Estatística de 2023: Análise da enquisa sobre coñecemento e uso do idioma galego (2023) e da evoluciónsociolingüística de Galicia (1992-2023)', publicado pola Real Academia Galega.Entre as principais conclusións, o informe establece que “Por primeira vez, o galego perde a condición de lingua habitual da maior parte da poboación. Nas dúas últimas décadas, o número de galegofalantes (monolingües ou bilingües) descendeu en 400.000 individuos, mentres que o de falantes de castelán se incrementou en 380.000 individuos “. -
Obradoiros para TFG/TFM na Facultade de Filoloxía
25/02/25Os membros do ILG Iván Arias, Maite Sanmarco Bande e Xulio Sousa participan nos Obradoiros para TFG/TFM organizados pola Facultade de Filoloxía da USC e dirixidos a todo o alumnado do centro.
-
Presentación do libro de Reyes Rodríguez sobre a realidade sociolingüística da Limia Baixa
01/02/25A investigadora do ILG Reyes Rodríguez presenta este sábado 1 de febreiro o seu libro A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego. O acto terá lugar, ás 17 h, no salón de plenos do Concello de Entrimo e a autora estará acompañada do profesor da Universidade de Vigo Alexandre Rodríguez Guerra.
-
"Visita e café" con Henrique Rodrigues Leroy
30/01/25O xoves 30 de xaneiro tivo lugar un novo encontro de “Visita e café” con Henrique Rodrigues Leroy, da Universidade Federal de Minas Gerais.
-
Speakers and language standards in Flanders, Norway and Southafrica: ongoing processes and new lines of research
14/01/25O Instituto da Lingua Galega e o proxecto EstandaRev, que se dedica ao estudo comparado dos fundamentos valorativos e ideolóxicos da estandarización de español, catalán, galego e éuscaro en España, organizan este coloquio sobre as e os falantes perante os estándares lingüísticos en Flandres, Noruega e Suráfrica.
-
Visita e café con Thayane Gaspar Jorge
09/01/25O xoves 9 de xaneiro, ás 12 h, terá lugar na sala de descanso do noso centro un novo encontro de "Visita e café" con Thayane Gaspar Jorge, da Universidade Federal do Rio de Janeiro.
-
Oferta de contratos para o desenvolvemento de modelos de lingua e IA
17/12/24O ILG e o CiTIUS da USC ofertan catro prazas con perfil de enxeñaría (informática, telecomunicacións...) e outras áreas STEM para traballar dentro do Proxecto Nós no desenvolvemento de modelos de lingua de voz e texto.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »