Novidades

  • Conferencia de Facundo Reyna-Muniain no ILG

    04/03/22

    Facundo Reyna-Muniain, profesor da Universidade de Kiel, ofrecerá a charla "Somos arxentinos, pero somos arxentinos un pouco de casualidade". Construción narrativa da identidade lingüística na diáspora en Buenos Aires o venres 4 de marzo, ás 12:30 h.

  • Curso de transcrición con ELAN

    18/02/22

    O proxecto de investigación Contacto, cambio lingüístico e ideoloxía en contextos de minorización lingüística oferta o Curso de transcrición con ELAN os días 23 de febreiro e 2 de marzo (modalidade en liña) e 24 de febreiro e 3 de marzo (modalidade presencial).

  • Convocatoria de contratación de persoal

    16/02/22

    O Instituto da Lingua Galega convoca un contrato de investigación de seis meses de duración a tempo parcial (75%). O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de febreiro ás 23:59 h.

  • Incorporación do galego ao Diccionario multilingüe de fonética y fonología

    14/02/22

    O Diccionario multilingüe de fonética y fonología, dirixido por Antonio Pamies Bertrán, incorpora a lingua galega na súa cuarta versión. A reponsable das correspondencias ao galego é a investigadora do ILG Elisa Fernández Rei.

  • Curso de iniciación á transcrición con ELAN

    26/01/22

    O proxecto de investigación Contacto, cambio lingüístico e ideoloxía en contextos de minorización lingüística oferta un curso de Iniciación á transcrición con ELAN que terá lugar o día 2 de febreiro no ILG.

  • "O idioma galego baixo o franquismo", novo libro de Henrique Monteagudo

    24/01/22

    O investigador do ILG Henrique Monteagudo acaba de publicar o libro O idioma galego baixo o franquismo, editado por Galaxia, que ofrece unha aproximación de conxunto ao período franquista.

  • Os 50 anos do ILG na revista A Trabe de Ouro

    12/01/22

    O último número da revista A Trabe de Ouro (setembro-outubro-novembro-decembro 2021) dedica o seu editorial (pp. 5-11)  aos 50 anos do Instituto da Lingua Galega

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    21/12/21

    Convócase un contrato no ILG a tempo parcial para traballar no proxecto Atlas Lingüístico Galego.

  • Rosario Álvarez recibe o premio Otero Pedrayo

    20/12/21

    A nosa compañeira Rosario Álvarez recibiu o sábado o Premio Otero Pedrayo, convocado pola Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais, nunha gala celebrada no Pazo da Deputación de Pontevedra. A escritora e académica Fina Casalderrey foi a encargada de realizar a loa na súa honra.

  • Eva Domínguez Noya e Vítor Míguez en tehcLING2021-UVigo-T&P

    17/12/21

    Eva María Domínguez Noya e Vítor Míguez Rego, investigadores do ILG, participan o 17 de decembro, ás 12 h, en tehcLING2021-UVigo-T&P.

Páxinas