logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- altitude, alto, altogether, altruism, altruist, altruistic, alum, aluminium, alumnus, always, amass, amateur, amateurism, amatory, amaze, amazed, amazement, amazing, amazingly


always


- adverb
- Como todos os adverbios de frecuencia, always vai sempre situado diante do verbo principal ou, no caso de o houber, despois do auxiliar.
- sempre

EN And as always when he came near to one of this race, Kino felt weak and afraid and angry at the same time.
GL E coma sempre que se achegaba a un desa raza, Kino sentiuse feble, asustado e colérico ó mesmo tempo.
- Fonte: PER (161)
- en todos os casos

EN The most significant clause in the UNIDROIT Convention is the principle whereby anyone in possession of a stolen object is always bound to return it, even though the object was acquired in good faith.
GL A cláusula máis importante da Convención de UNIDROIT é o principio de que calquera que teña no seu haber un obxecto roubado debe devolvelo en tódolos casos, aínda que fose mercado de boa fe.
- Fonte: C11 (1095)