logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- broom, broomstick, brothel, brother, brotherhood, brother-in-law, brotherly, brow, browbeat, brown, brownish, brown-roofed, brown-tiled, browse, browser, browsing, bruise, brunt, brush


brown


- noun or adjective
- marrón

EN A woman wearing a brown hat and a piece of fur round her throat said with passionate interest, "May I ask Mr. Dexter if he is engaged on a new work?".
GL Unha muller de sombreiro marrón e cunha pel no pescozo, dixo con interese apaixonado: --¿Podo preguntarlle, señor Dexter, se está a traballar nalgo novo?
- Fonte: TER (1315)
- castaño

EN These flowers seemed creditable, Mr Ramsay said, lowering his gaze and noticing something red, something brown.
GL Esas flores parecen encomiables, dixo o señor Ramsay, baixando a mirada e decatándose de algo vermello e algo castaño.
- Fonte: CAR (916)
- moreno

EN This was a tall man of between forty and fifty, lean of figure, brown of skin, with hair slightly grizzled round the temples.
GL Era un home alto, de entre corenta e cincuenta anos, de fasquía enxoita e complexión morena, co pelo das tempas medio cano.
- Fonte: ASA (122)
- bronceado

EN Power lay in the brown swell of his forearms: authority sat on his shoulder and chattered in his ear like an ape.
GL O poder agochábase nos vultos bronceados dos seus antebrazos; a autoridade sentou no seu ombreiro e paroloulle á orella coma un mono.
- Fonte: SEN (4509)
- pardo

EN The streets on the outskirts of Orense are bordered by walls of great, sometimes cyclopean blocks of brown granite, in which grow bay and ivy, and a tumbled shock of brambles or vines sprawls along the top.
GL Os camiños da contorna de Ourense están bordeados por murallas de grandes, ás veces ciclópeos bloques de granito pardo, nos que medra o loureiro e a hedra, e por riba dos cales se estende unha ramallada enleada de silvas e bacelos.
- Fonte: GAL (1079)
- mouro

EN His own brown skin was a better protection for him.
GL A súa moura pel era unha protección mellor para el.
- Fonte: PER (1516)