logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra branco como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.10 Rows
- Número de acepcións atopadas: 9.
- Distribución por dicionarios: CANCIONEIRO DA AJUDA (1), CONCELLO DE NOIA (1), CONCELLO DE SANTIAGO (1), CRÓNICA TROIANA (1), CRÓNICA XERAL (1), CRONOLOXÍA (1), CANTIGAS DE SANTA MARÍA (2), VOCABULARIO 1275 (1).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

Carolina Michaëlis de Vasconcelos (1920): "Glossário do Cancioneiro da Ajuda", Revista Lusitana 23, pp. 1-95.
branco
(germ. blank): alvo, 963 ({Martin Soarez} mia senhor branca e vermelha).

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
[branco]
[branquo]
[brãqo]
[brãco]
[blanco]
[blanquo]
[brãquo]
adx. adx. e subst. 'moeda de prata e despois moeda de vellón'. Chamábase branca pola cor da prata que entraba na aliaxe co cobre. O seu valor tivo moitas fluctuacións; por exemplo, os brancos de vellón de Afonso XI de Castela (1312-1350) entraban dez nun marabedí; con Henrique III (1390-1406) a nova moeda branca, só tiña 15 gramos de metal fino (prata), e con Xoán II (1406-1454) a branca reduciuse a 10 gramos de metal fino. Cando vaia acompañando a outras moedas, farei referencia a elas no lugar que lles corresponda. Na orde que sigo non teño en conta as múltiples grafías senón as datas dos documentos, para poder comprobar, cando o contexto o permita, as distintas oscilacións. Branquos, 7.13 (1376) "vendo a uós (...) por onçe libras de branquos, de que confeso (...) que soo pagado". Brancos, 9.18 (1385) "por çento morauidís de brancos, de dez dineyros o morauidí, desta moneda vsáuel". Branquos, 10.68 (1390) "nos deuedes dar máys por rrenda (...) da dita byna por tẽpo de vendymya ata que leuar bjño quatro morauidís de branquos, moeda do rreyno de Castella". Brancos, 13.26, 28 (1395) "por preço çerto (...) por mjll et quinentos morauidís de brancos, de dez djneiros hũu morauidí, desta moeda vsauel do rregno de Castela, os quaees morauidís de vós logo rreçebo en moeda d' ouro et de prata et en dineiros brancos et en tres taças de prata que val et amõta a dita cõtía"; 15.26 (1395) "tresentos et trijnta morauidís de brancos de des dineiros o morauidí desta moeda vsauel do rregno de Castela, os quaees morauidís eu logo de vós rreçebo en hũa taça de prata que val et amonta a dita contía". Branquos, 19.22 (1398) "por çento et quoreenta et sete morauidís, de des dineiros branquos o morauidí, desta moeda vsauel do rreyno de Castella". Brancos, 25.20 (1409) "vijnte et dous morauidís, de des dineiros brancos vellos hũu morauidí, desta moeda do rreyno de Castella". Brãqas, 3.14 (1342) "sseseenta et dúas libras de brãqas, moeda del rrey don Affomso de Castella". Branca, 20.39; 21.38 (1403) "por quoreẽta morauidís de moeda vella, de dez dineiros o morauidí, moeda do rregno de Castela branca en tres dineiros"; 24.26 (1407) "çẽ morauidís, contãdo a branca em tres dineiros". Brãca, 24.69 (1407) "contãdo a brãca em tres dineiros". Branqua, 30.23 (1415) "oyto morauidís de moeda vella branqua en tres dineiros, ou da moeda corrente". Blanca, 29.30 (1415) "duzentos et dez morauidís de moeda vella, cõtando blanca en tres dineiros". Blanqua, 36.22, 57 (1425) "doze liuras [da moeda] vella blanqua, en tres dineiros ou moeda corrẽte, por los tenpos que valla a dita contía", 57 "so pena de tres mjll morauidís, blanqua en tres dineiros". Brancas, 37.30 (1434) "sete brancas cada ano de çensso". Branqua, 38.32 (1435) "trinta et sete morauidís desta moeda corrẽte, cõtando a branqua em tres djneyros et des djneyros por morauidí, ou outra moeda corrẽte que balla"; 40.20 (1440) "seysçentos morauidís de moeda vella do rregno de Castela que se vsa branqua em tres dineiros". Blanca, 41.23 (1443) "tress mjll et seysçentos morauidís de moeda vella blanca, en tres djneiros, que eu de uos (...) ouue (...) et vós me destes et pagastes (...) en ouro amoedado, que mõtou a dita contýa"; 42.43 (1445) "so pena de des mjll morauidís blanca en tres djneiros". Branqua, 43.19 (1447) "seisçentos et saseenta morauidís de moeda vella branqua, en tres dineiros"; 44.58 (1448) "dez et oyto morauidís de moeda vella branqua, en tres dineiros, ou moeda corrente porlos tenpos que os valla"; 49.14 (1459) "quatroçẽtos morauidís de moeda vella branqua, en tres dineyros"; 50.24 (1462) "trinta et tres morauidís de moeda vella do rreyno de Castella que se vsa, branqua en tres dineiros ou moeda corente por os tenpos que os valla". Blanqua, 53.20 (1469) "morauidís de moeda vella, blanqua en tres dineiros". Brãquas, 57.18 (1478) "dous mjll et quinentos pares de brãquas"; Branquas, 57.36 (1478) "... pares de branquas". Branqua, 54.25 (1472 copia de 1481) "çent morauidís vellos saluados, branqua en tres dineiros, que tres dineiros fazẽ hũu morauidí, da moeda corrente que se correr porlos tenpos das pagas". Brancas, 59.25 (1482) "onze mjll pares de brancas, que logo de vós rreçebo (...) en dineiros feitos e contados et taças de prata, que montã a dita contía"; Brãcas, 59.27 (1482) "dos quaees ditos(...) pares de brãcas". Brãqua, 62.16 (1487) "noueçẽtos morauidís da moeda vella brãqua, en tres dineiros, que me logo dades et pagades (...) en hũa taça de prata que mõtou a dita cõtía". Branquas, 61.20 (1487) "tres mjll pares de branquas, que dúas fasẽ hũ morauidí que se vsa ẽno rregno de Castilla (...) eu de vós rreçebo en ouro et plata, que mõta a dita cõtía dos ditos tres mjl pares de branquas". Brancas, 63.23 (1487) "coreenta et quatro mjll et quinentos morauidís de pares de brancas, que de vós rreçeuị (...) en esta gujsa, quatorze mjll e trezentos et vijnte e çinco morauidís da dita moeda que me aujades dado e prestado (...) así en dineiro como de çertas contas et déuedas que eu vos deuịa (...) e os outros trinta mjll e çento e sateenta e çinco morauidís me logo me dades e pagades (...) en taças de plata e doblas e florĩjs e ducados de ouro, que montaron e valueron a dita contía dos ditos trijnta mjll e çento e sateenta e çinco morauidís da dita moeda". Branca, 65.24 (1494) "noventa et tres morauidijs de moeda vella branca, en tres dineyros, et dez djneyros o morauidí". Blancas, 67.33 (1499) "por preçio et contía de vijnte et dous mjll morauidís pares de blancas (...) nos destes e pagastes (...) en doblas e castellanos de ouro e rreales de prata, que montou a dita contía". A parte do documento 68 que me interesa está en castelán, pero recólloo porque é do mesmo ano do doc. anterior e achega un dato interesante. Blancas, 68.30, 37, 85 (1499) "dies mjll marauedís pares de blancas desta moneda vsal que seys dineros fasen vn marauedí". Brancas, 69.28, 29 (1503) "çinquoenta morauidís vellos (...) con ho dito cargo por preçio et quantía de septe mjll morauidís de pares de brancas, os quaes ditos (...) pares de brancas vós (...) me destes et pagastes en djneyros feitos et contados". Para outras moedas cfr. castellano, dineiro, dobla, ducado, florin, libra, morauidi, rreal, {vello} etc.

F. R. Tato Plaza (1986): Léxico do Libro de Actas do Concello de Santiago (1416-1422).Vol. I (Glosario A-D). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
[branquo]
{[blanquo]}
{[branco]}
adx. adx. Branco, albo, da color do leite ou da neve: "colgado en filos de seda verdes e blanquos e colorados" (8378). // 2. Referido a moedas ou obxectos metálicos, arxénteo ou de prata: "et con este mandamento lle seerian reçebidos en conta estos sobreditos tresentos moravedis branquos." (2485). Outras formas: branca (670), branqua (4418).

K. M. Parker (1958): Vocabulario de la Crónica Troyana. Salamanca: Universidad.
branco
adx. adj. {adx.} blanco; white: mays branca foy que a neue nen que frol de lilio, I 154.19, I 150.6, II 77.20.

R. Lorenzo (1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. Vol. II (Glosario). Ourense: Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijóo.
branco
brãco
brãca
branca
blanco
branco
'blanco, blanca ' , del germ. BLANK (REW 1152), seguramente a través del prov. blanc. Formas: branco 287.44, brãco 7.21, 326.40, 655.7, 662.18, 682.26, 801.14, brãcos 106.40, 662.17, 801.15,17, branca 801.14, brãca 7.21, 199.9, 662.18, brãcas 106.45-46, 315.28, 614.8, 875.5. Se documenta desde el s. XIII: CSM 15.106 "en seu cavalo branqu'", 45.76 "un pano branco tomava"; Afonso X (B 476) "que a brancos os cabelos" (16); Martin Soarez (CA 38) "mia sennor branca e uermelha" (4); a. 1275 "moneda d' alfonsiis brancos" (Salazar 67.4); a. 1310 "quinentos soldos da moeda branca" (Duro p. 169); a. 1332 "quareenta soldos de brancos... VIII paaes brancos" (id. 178, 179); a. 1333 "çinquoenta mrs. da moeda branca del rey" (id. 180); Miragres "d' almasi moy brãquo" (143), "en hũa nuve moy branqua" (227); Cr. Troyana "mays branca foy que a neue" (I, 154.19). También se conoce blanco (que aún hoy en gall. alterna con branco ): a. 1272 "de moeda de alfonsiis blancos" (Salazar 63.8); a. 1283 "moeda d' alffon. blanquos" (id. 88.18); CSM 219.2,17 "que era entallada en marmor blanco... e eno marmor mui branco"; a. 1294 "XXX soldos desta moeda blancha" (Duro p. 164); a. 1295 "XL soldos desta moeda blanca" (id. 164); a. 1296 "XIII soldos desta moeda blanca" (id. 165); Graal "uũ cavaleiro sobre uũ cavalo blanco" (I, 337); Gal. Estoria "moytas maneyras de pẽnas veyras, blancas et outras" (97.35). En cast. desde el Cid.

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{branco}
.- BRANCO (400ab: 1251 blanco; 1274 domne Brance): CSM 15 "en seu cavalo branqu'" (106); 45 "un pano branco" (76).

W. Mettmann (1972): Cantigas de Santa María de Afonso X, o Sábio. Vol. IV (Glossário). Coimbra: Universidade.
blanco
branco
(165.58 E1) V. branco.
branco
blanco
adx. adj. {adx.}: 15.106, 26.31 mais branco que un armỹo; 45.76, 54.13 monge branco com'estes da Espỹa; 73.1. Cf. blanco.

M. de Miguel (1977): Vocabulario gallego medieval en documentos del s. XIII anteriores a 1275. Memoria de licenciatura. Universidad de Valladolid.
blanco
branco
adx. .- adj. {adx.} 'blanco', referido a un tipo de moneda. Del germ. BLANK; a. 1272 "por XL soldos de moeda d' alfonsiis blancos" (63.8); a. 1275 "por XV soldos moeda d' alfonsiis brancos" (67.4-5)




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL