Actividades

Histórico de actividades

  • 20/11/25

    O 20 de novembro, ás 11:30 h, celebramos un novo encontro de Visita e café con Leticia Santín Gallego, investigadora da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

  • 18/11/25

    Encóntrase aberto ata o 13 de novembro o prazo de inscrición para participar no Simposio ILG 2025, en que se reflexionará sobre o presente e o futuro da lingua galega na era dixital. Este evento terá lugar do 18 ao 20 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC.

  • 11/11/25
    O vindeiro martes 11 de novembro, ás 11:30 h, vai ter lugar no Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) o faladoiro “Mulleres e rurais na Galiza (1936-1982): algunhas cuestións para a reflexión”, impartido por
  • 03/11/25

    O 3 de novembro, ás 13 h, vai ter lugar na Facultade de Filoloxía a presentación do libro Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística, editado polos membros do ILG Elisa Fernández Rei, Estela Fidalgo Garra e Miguel Guisantes Alonso e publicado polo Consello da Cultura Galega (CCG). No acto acompañarán os editores do libro Dolores Vilavedra, en representación do CCG, e algúns dos autores e autoras que participan no volume. 

  • 23/10/25

    Encóntrase aberto ata o 22 de outubro o prazo de inscrición na XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social, que vai ter lugar o 23 e 24 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC. Nesta edición presentaranse comunicacións sobre a repercusión que ten o cambio social tanto no desenvolvemento do traballo terminolóxico coma no propio produto e na súa difusión.

Páxinas