Josep Ausensi, da Universitat Rovira i Virgili, impartirá o 21 de xaneiro o seminario en liña Las publicaciones académicas en lingüística: una introducción paso a paso. Ausensi ofrecerá unha guía clara e práctica sobre o proceso de publicación académica no ámbito da lingüística.
Novidades
-
21/01/26
!
Seminario de formación. Las publicaciones académicas en lingüística: una introducción paso a paso
-
19/01/26
!
Conferencia de Francisco Fernández Rei sobre o ALGa no Ateneo de Santiago
O Ateneo de Santiago acolle a conferencia de Francisco Fernández Rei “O Atlas Lingüístico Galego, 50 anos despois” o luns 19, ás 19:30 h, na sede da institución. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
-
12/12/25
!
Ramón Mariño e Damián Suárez editan o arquivo dixital 'Papés d’e emprenta condenada'
O Consello da Cultura Galega (CCG) pon á disposición do público a ferramenta Papés d’e emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846, a cal permite explorar e analizar a produción escrita en lingua galega durante un período clave da súa historia. Ramón Mariño Paz, investigador do ILG, e Damián Suárez Vázquez son os editores deste arquivo dixital.





