Os membros do ILG Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira editan un número especial da revista en liña Languages, dedicada aos estudos interdisciplinarios de linguas, baixo o título New Developments in Galician Linguistics. O obxectivo deste número é presentar unha mostra representativa do estado da investigación sobre a lingüística galega.
Novidades
-
06/08/25
!
Número especial da revista Languages sobre lingüística galega
-
31/07/25
!
Sae do prelo o volume VIII do Atlas Lingüístico Galego con 3700 variantes léxicas
O ILG vén de publicar, en colaboración coa Fundación Barrié e a Editora USC, o Atlas Lingüístico Galego VIII. Léxico. O ser humano (III). Neste oitavo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) recóllense case 3.700 variantes léxicas para os preto de trescentos conceptos estudados.
-
22/07/25
!
A diversidade dialectal do galego terá presenza no ecosistema dixital
O Instituto da Lingua Galega, a través do Proxecto Nós, colaborou coa redacción do primeiro conxunto de preguntas dispoñibles para a recollida de fala espontánea en galego na plataforma colaborativa Common Voice.