Do 15 de maio ao 5 de xullo encóntrase aberto o prazo de matrícula para participar no Curso de Verán da USC Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos. Este curso proporcionaralle ao alumnado os contidos e competencias necesarios para a posta en marcha ou para a participación en proxectos de innovación dixital no ámbito das Humanidades e das Ciencias Sociais.
Novidades
-
Curso de verán. Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos
15/07/24 -
Curso de verán. A lingua galega no século XXI: desafíos e fronteiras
08/07/24Neste curso preténdense analizar algúns dos desafíos máis relevantes que debe enfrontar a lingua galega na actualidade e no futuro próximo, como a transmisión interxeracional, o perigo da extinción dixital e a situación creada pola presenza de poboacións migrantes con diferentes linguas e culturas.
-
Constitución do Foro Social do ILG
02/07/24O 2 de xullo quedou constituído o Foro Social do ILG, conformado por 12 membros de distintas institucións públicas e privadas do ámbito educativo, cultural, editorial, empresarial, dos medios de comunicación, da investigación etc.
-
Recepción ao novo persoal adscrito ao ILG
02/07/24O 2 de xullo tivo lugar no Instituto unha xornada de benvida ao novo persoal adscrito ao centro. Os novos membros son Teresa Amado Rodríguez, Noelia Estévez Rionegro, Pablo García Martínez, María López Sández, Vítor Míguez Rego, María Xesús Nogueira Pereira, Montse Recalde Fernández e Carme Silva Domínguez.
-
Conferencia de Laura Lesta no ILG
27/06/24A profesora e investigadora visitante no ILG Laura Lesta García, do Middlebury College, ofrecerá a conferencia Recontar a transición en Galicia: o humorismo gráfico de "Can sen Dono" o 27 de xuño, ás 13 h.
-
Conferencia de Luke Bishop no ILG
30/05/24O investigador visitante no ILG Luke Bishop, da University of Texas, ofrecerá a conferencia "Na miña variedade, sen dúbida": identidades diversas dos neofalantes na provincia de Ourense o xoves 30 de maio, ás 13 h, na nosa sala de divulgación.
-
Visita do alumando do IES Sánchez Cantón de Pontevedra
30/05/24O pasado 21 de maio tivemos o pracer de recibir a visita do alumando de 2.º da ESO do IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Tras unha breve explicación da historia do noso centro, tiveron a oportunidade de coñecer como se leva a cabo a investigación en dous proxectos que están a desenvolverse nestes momentos: o Atlas Lingüístico Galego e o Proxecto Nós.
-
Membros do ILG organizan tres cursos da Universidade de Verán da USC
22/05/24Desde o 15 de maio encóntrase aberto o prazo para inscribirse nos cursos ofertados pola Escola de Verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC), entre os que se encontran tres dirixidos por membros do ILG.
-
Visita de alumnado do IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives
22/05/24O 16 de maio tivemos o pracer de recibir a visita do alumnado de 1.º de BAC do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives, que realizou unha xincana que lles permitiu coñecer distintos proxectos do noso centro. Ademais, puideron conversar con Antón Santamarina.
-
Artigo de Telmo Móia na revista ELG
15/05/24Telmo Móia publica un novo artigo na revista do ILG Estudos de Lingüística Galega, publicada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. O quantificador ambos como foco de variação no português contemporâneo é o artigo co que o profesor da Universidade de Lisboa inaugura o número 16 desta revista de publicación continua.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »