Novidades

  • Exposición sobre helenismos en galego

    21/04/26

    O proxecto Falas grego, e non o sabes! Helenismos do galego, coordinado pola investigadora do ILG Teresa Amado e que ten como obxectivo a análise das etimoloxías gregas do léxico galego, integra unha exposición sobre proxectos colaborativos na Facultade de Filoloxía da USC.

  • Conferencia de Oumar Seydi sobre o pulaar no ILG

    16/04/26

    Oumar Seydi, da Université Assane Seck de Ziguinchor (Senegal), ofrecerá a conferencia "Desafíos de modernización y de enseñanza y aprendizaje del pulaar en Senegal" este xoves 16 de abril, ás 12 horas, na sala de divulgación do noso centro.

  • Aberto o prazo de preinscrición para a XXXVI edición de 'Galego sen fronteiras'

    06/04/26

    Os cursos de verán de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras celebrarán a súa XXXVI edición do 3 ao 24 de xullo de 2026 en Santiago de Compostela. O prazo de preinscrición abre hoxe e permanecerá dispoñible ata o 6 de abril para todas as persoas de fóra de Galicia interesadas en participar.

  • Publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos das axudas a visitas de investigación

    31/03/26

    Acaba de publicarse a listaxe de persoas admitidas e excluídas que se presentaron á convocatoria de axudas para a realización de estadías de investigación no ILG. As persoas aspirantes poden reparar calquera erro ou omisión ata o 31 de marzo, ás 23:59 h, quedando excluídas definitivamente de non facelo.

  • Convocatoria de dúas axudas para estadías no ILG

    24/03/26

    O ILG convoca para o ano 2026 dúas axudas para a realización de estadías no seu centro por parte de PDI visitante pertencente a calquera universidade ou institución de Educación Superior de fóra de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes esténdese desde o 25 de febreiro ata o 24 de marzo.

  • O Proxecto Nós impulsa en Santiago de Compostela o gran polo atlántico de Tecnoloxías da Linguaxe e IA con Portugal

    13/03/26

    A USC acolleu o II Encontro Luso-Galaico de Procesamento da Linguaxe Natural (PLN), liderado polo Proxecto Nós, unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia e da USC a través do CiTIUS e do ILG. Tras o éxito da primeira edición, que tivo lugar no Porto en xuño de 2024, este segundo encontro consolídase como un espazo fundamental para o fortalecemento das relacións de cooperación en intelixencia artificial aplicada á lingua entre Galicia e Portugal.

     
  • Conferencia de Carsten Sinner sobre o galego e o castelán de Uruguai

    03/03/26

    O ILG acollerá o vindeiro 3 de marzo, ás 11:00 horas, a conferencia “O contacto entre galego e castelán en Uruguai. Análises sobre o corpus PRESEEA de Montevideo”, impartida por Carsten Sinner, catedrático de Lingüística e Translatoloxía das Linguas Iberrománicas na Universidade de Leipzig e director do Centro de Estudos Galegos desta institución.

  • 'Visita e café' con Carlos Cernadas Carrera

    26/02/26

    O ILG acollerá o xoves 26 de febreiro, ás 11:00 h, un novo encontro de Visita e café co profesor Carlos Cernadas Carrera, da Universidade Federal do Pará (UFPA). Esta iniciativa está pensada para que os investigadores e investigadoras visitantes compartan co persoal do centro as súas liñas de investigación e fortalecer deste xeito as redes persoais e académicas.

  • O Proxecto Nós participa no programa 'Modo Galego, actívao!'

    24/02/26

    O Proxecto Nós, desenvolto polo ILG e o CiTIUS da USC, sumouse á iniciativa Modo Galego, actívao!, un programa de inmersión lingüística promovido pola Real Academia Galega e o Concello de Ames, que lle propón ao alumnado do Concello distintos retos diarios ou semanais ao longo de varios meses para fomentar o uso do galego.

  • Seminario de Eva Moreda sobre paisaxes históricas sonoras na Galicia do XIX

    12/02/26

    O grupo FILGA da Universidade de Santiago de Compostela organiza o seminario Paisaxes históricas sonoras na Galicia do XIX: entre música, Estudos sonoros e literatura, impartido por Eva Moreda Rodríguez, da University of Glasgow. O evento vai ter lugar o xoves 12 de febreiro, ás 13 h, na sala B15 da Facultade de Filoloxía da USC.

Páxinas