Novidades

  • Gonzalo Hermo, na Universitat de Barcelona

    29/04/15

    O mércores 29 de abril, Gonzalo Hermo impartiu na Universitat de Barcelona unha conferencia titulada "Alguns projectes en curs a l'Instituto da Lingua Galega".

  • Gonzalo Hermo, Premio da Crítica 2014

    23/04/15

    O investigador do ILG Gonzalo Hermo recibiu o Premio da Crítica literaria na modalidade de poesía en galego.

  • Xornadas Internacionais de Lexicografía

    22/04/15

    O mércores 22 de abril, Manuel González González, investigador do ILG, pronunciou unha conferencia dentro das Xornadas Internacionais de Lexicografía.

  • Estudantes da Universidade de Zürich visitan o ILG

    21/04/15

    Un grupo de 37 alumnos e alumnas de Filoloxía da Universidade de Zürich (Suíza) visitou o martes 21 de abril o Instituto da Lingua Galega.

  • V Semana Complutense das Letras

    20/04/15

    Entre o 20 e o 24 de abril celebrouse en Madrid a V Semana Complutense das Letras, organizada pola Universidade Complutense de Madrid.

  • Falantes galegos fronte a sons italianos

    17/04/15

    O venres 17 de abril, Manuela Frontera, investigadora da Università degli Studi della Calabria, realizou unha presentación titulada "Falantes galegos fronte a sons italianos: percepción e produción de oposicións vocálicas e consonánticas".

  • I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos

    13/04/15

    Investigadores do ILG forman parte da comisión organizadora e da comisión científica do I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos, que se celebrou na Universidade Federal da Bahia entre os días 13 e 15 de abril de 2015.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    09/04/15

    Convocatoria pública 5/2015 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).

     

  • XI Congreso Internacional da AIEG 2015

    06/04/15

    Entre o 6 e o 8 de abril celebrouse en Bos Aires o XI Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos 2015, titulado "Os estudos galegos ante o cambio social e cultural: identidades na fronteira, emigración e exilio".

  • III Encontro da Mocidade Investigadora (EDI-USC)

    25/03/15

    Entre o 25 e o 26 de marzo celebrouse na Universidade de Santiago de Compostela o III Encontro da Mocidade Investigadora (EDI-USC).

Páxinas