Esta segunda edición reúne de novo lingüistas, profesorado e investigadores e investigadoras en lingüística de corpus, de distintas universidades españolas e europeas, co obxectivo de presentar os corpus como ferramentas para o ensino-aprendizaxe de linguas nativas e non nativas. A investigadora do ILG María Álvarez de la Granja ofrecerá a conferencia inaugural "Aplicacións didácticas dos corpus de lingua galega".
Novidades
-
II Congreso Internacional de Aplicacións da Lingüística de Corpus na Didáctica das Linguas
13/05/24 -
I Xeira CLARIAH-GAL
02/05/24CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte, pola súa vez, das infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH. O próximo 2 de maio terá lugar a súa primeira Xeira na Facultade de Filoloxía da USC co obxectivo de presentar o nodo galego e difundir as iniciativas de Humanidades Dixitais e de Tecnoloxías Lingüísticas para a investigación en Humanidades e Ciencias Sociais emprendidas en Galicia.
-
Conferencia de Víctor Bargiela no ILG
30/04/24O investigador visitante no ILG Víctor Bargiela Zotes, da UNED, ofreceu o 30 de abril a conferencia Primeiras aproximacións ao estudo sociofonético da entoación nas Rías Baixas e na Costa da Morte na nosa sala de divulgación.
-
Xornada sobre tecnoloxías da linguaxe e visita ao ILG
26/04/24A directora do ILG, Elisa Fernández Rei, xunto a Senén Barro Ameneiro do CiTIUS, ofrecerá unha conferencia o venres 26 na xornada The Impact of Language Technologies on the Economy & Society, organizada pola Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD) e a Xunta de Galicia. Dous días antes, o mércores 24 pola mañá, visitarán o ILG algúns membros da Oficina da Lingua Galesa, unha das entidades integrantes da rede NPLD.
-
Henrique Monteagudo presenta dous novos libros
24/04/24O mércores 24 de abril terá lugar no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC, ás 13 h, a presentación de A estandarización das linguas da Península Ibérica: procesos, problemas e novos horizontes, editado por Henrique Monteagudo na colección Ensaio & Investigación do Consello da Cultura Galega. Ese mesmo día, ás 19:30 h, Monteagudo presentará na libraría Couceiro o volume Galiza mater, raíz anterga. Manuel Rodrigues Lapa na lingua e a cultura galega, editado por Galaxia.
-
Obradoiro "Como mellorar a nosa técnica de expresión oral no ámbito académico"
12/04/24A investigadora do ILG Maite Sanmarco Bande impartiu o obradoiro Como mellorar a nosa técnica de expresión oral no ámbito académico o martes 9 de abril, de 13 a 15 h, na sala de divulgación do centro.
-
Premio no PROPOR 2024
08/04/24Carmen Magariños, Alp Öktem, Antonio Moscoso Sánchez, Marta Vázquez Abuín, Noelia García Díaz, Adina Ioana Vladu, Elisa Fernández Rei e María Baqueiro Vidal, membros do Proxecto Nós, recibiron o premio á mellor demostración na 16th International Conference on Computational Processing of Portuguese (PROPOR 2024) con "Nós-TTS: a Web User Interface for Galician Text-to-Speech".
-
Presentación de FONTEGAM e da nova versión de CODOLGA
08/04/24Hoxe tivo lugar no Pazo de San Roque a presentación de FONTEGAM (Fontes Textuais da Galicia Medieval) e da versión 20 do CODOLGA (Corpus Documentale Latinum Gallaeciae). No acto estiveron presentes a directora do ILG, Elisa Fernández Rei; os investigadores do Instituto José Carracedo Fraga e Xavier Varela Barreiro; o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín Gómez, e Pilar Lorenzo, do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).
-
Aberto o prazo de preinscrición dos XXXIV Cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras"
05/04/24Os XXXIV Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia volverán reunir do 3 ao 29 de xullo en Santiago de Compostela estudantes de todo o mundo.
-
Parlamint finalista dos premios Digital Humanities Awards
30/03/24
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »