logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- aerospace, Aesculapius, aesthetic, aesthetically, aesthetics, afar, affable, affably, affair, affect, affectation, affection, affectionate, affectionately, affiliated, affiliation, affinity, affirm, affirmation


affect


- transitive verb
- afectar

EN According to this principle, Ethiopia should do nothing that might affect the quantity and quality of water currently flowing to Egypt.
GL Segundo ese principio, Etiopia non debería facer nada que afecte o caudal e a calidade das augas que corren cara ó territorio exipcio.
- Fonte: C04 (572)
- influír

EN Even in democratic countries, marginalized people may be treated in a discriminatory way, as social prejudice and economic interest affect the nature of genetic information made available to families, employers, insurance companies or welfare states.
GL Mesmo nos países democráticos, as poboacións marxinais reciben ás veces un trato discriminatorio, xa que os prexuízos sociais e os intereses económicos inflúen na información xenética proporcionada ás familias, empregadores, compañías de seguros ou servicios sociais.
- Fonte: C18 (484)
- repercutir en

EN Under a free-pricing system, the law of supply and demand will immediately affect prices, since publishers mark up their best-sellers to compensate for losses from the discounts handed out by supermarkets.
GL Simplificando, pode dicirse que nun réxime de prezos libres, a lei da oferta e a demanda repercute inmediatamente nos prezos, pois que os editores encarecen os prezos de orixe dos seus betsellers para compensa-los descontos que lles impoñen as grandes superficies.
- Fonte: C27 (960)
- interferir

EN To ensure such respect, the first thing to be done is to see that stereotyping and prejudice do not affect the professional behaviour of the police.
GL Para iso, un dos primeiros pasos consiste en evitar que os estereotipos e os prexuízos interfiran coa conducta profesional dos axentes.
- Fonte: C23 (1101)
- concernir

EN Lifetime Television (www.lifetimetv.com), has formed a partnership with the National Council of Women's Organizations, (made up of 110 national women's groups), for a bipartisan campaign to educate women about issues that affect them and to underscore the importance of their vote.
GL Lifetime Television (www.lifetimetv.com) asociouse co National Council of Women's Organizations (constituido por iio asociacións nacionais) a fin de informar ás mulleres sobre temas que lles concernen, destacando a importancia de que voten.
- Fonte: C24 (621)