logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- archiving, archivist, archway, arctic, ardent, ardently, ardour, arduous, area, arena, Argentina, Argentine, Argentinian, arguably, argue, argument, argumentative, aria, arid


arena


- noun
- esfera

EN In the public arena, not all reminders of the past are worthy ones, and those that encourage revenge are always suspect.
GL Na esfera pública, non tódolos recordos do pasado son igualmente respectables. Os que incitan á vinganza resultan sempre sospeitosos.
- Fonte: C23 (41)
- terreo

EN In a last gasp of CERN's old accelerator, the first experimental indications emerged of the so-called Higgs field, an arena of force like the electromagnetic field with which species of particles interact (or do not) and win their very unique masses.
GL Entre os seus últimos estertores, o vello acelerador do CERN proporcionou as primeiras indicacións experimentais do chamado campo de Higgs, un terreo de forza, como o campo electromagnético, co que certas partículas interactúan (ou non) e adquiren a súa masa propia.
- Fonte: C16 (199)
- espazo

- A forma ortográfica correcta deste termo é espazo. Na normativa anterior a 2003, a forma ortográfica correcta era espacio, que é a que se recolle no exemplo.

EN The fact is, however, that these three developments -- the changing nature of war, the proliferation of different forms of violence and the weakening of mediatory mechanisms, a process accelerated by globalization and the information revolution -- create a new arena in which a culture of peace can emerge.
GL Pero é precisamente esa triple evolución -- o cambio de natureza da guerra, a multiplicación dunha violencia proteiforme, o debilitamento dos mecanismos habituais de mediación e de arbitraxe, exacerbado pola mundialización e a revolución dos coñecementos -- a que crea un espacio para que xurda unha cultura de paz.
- Fonte: C10 (28)
- ámbito

EN A look past these extremists supposedly reveals an arena in UK society -- the world of sport -- where everyone has an equal opportunity to succeed.
GL Miremos máis alá destes extremistas e veremos, proseguen, que o deporte é un dos ámbitos da sociedade británica nos que a igualdade de oportunidades é real.
- Fonte: C14 (345)
- foro

EN Since the 1980s, the planetary interdependence stemming from globalization has increased debate and media coverage of human rights in many arenas.
GL Desde os anos oitenta, en efecto, a interdependencia planetaria xerada polo proceso de internacionalización fixo dos dereitos humanos unha cuestión cada vez máis debatida en múltiples foros, e tamén cada vez máis mediatizada.
- Fonte: C01 (216)