logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- cavity, cawing, cayenne, Cayman, CD, CD-ROM, cease, ceasefire, ceaseless, cedar, cedarwood, cede, ceiling, celebrant, celebrate, celebrated, celebration, celebrity, celerity


cedar


- noun
- cedro

EN Augustus Carmichael had risen and, holding his table napkin so that it looked like a long white robe he stood chanting: To see the Kings go riding by Over lawn and daisy lea With their palm leaves and cedar sheaves Luriana, Lurilee, and as she passed him he turned slightly towards her repeating the last words: Luriana, Lurilee, and bowed to her as if he did her homage.
GL Augustus Carmichael estaba de pé e sostiña o pano de mesa coma se fose un longo manto branco mentres seguía cantando: Para ver cabalga-los reis por aquí polo céspede e os prados de margaridas coas súas palmas e pólas de cedro, Luriana, Lurilee. e, ó pasar ela á súa beira, el virou un pouco cara a ela repetindo as derradeiras palabras: Luriana, Lurilee e fíxolle unha reverencia coma de homenaxe.
- Fonte: CAR (1735)
.....--- cedar bird
- reiseñor

EN There was the honest cock-robin, the favorite game of stripling sportsmen, with its loud querulous note; and the twittering blackbirds flying in sable clouds; and the golden-winged woodpecker, with his crimson crest, his broad black gorget, and splendid plumage; and the cedar bird, with its red-tipt wings and yellow-tipt tail, and its little monteiro cap of feathers; and the blue-jay, that noisy coxcomb, in his gay light-blue coat and white under-clothes; screaming and chattering, nodding and bobbing and bowing, and pretending to be on good terms with every songster of the grove.
GL Alí estaba o honrado tordo, o preferido polos mocosos deportistas para xogar, facéndose notar cos seus gritos aflixidos; e os merlos piadores, que voaban entre nubes de acibeche; o paxaro carpinteiro de ás douradas, coa súa crista carmesí, o seu pescozo ancho e negro e a súa plumaxe marabillosa; e tamén o reiseñor, coas súas ás de puntas vermellas, e a cola de puntas amarelas, e a pequena gorra de monteiro que formaban as súas plumas; e o gaio azul, ese fanfurriñeiro tan ruidoso, vestido co seu alegre e lixeiro abrigo azul e roupa interior branca, chiando e latricando, saudando e meneándose, e inclinándose sempre co fin de caerlles simpático a tódolos paxaros cantores do arboredo.
- Fonte: LEN (163)