Patrocinadores
O proxecto do Atlas Lingüístico Galego puído desenvolverse mercé á colaboración de:
A Fundación Barrié, que apoia desde os inicios o proxecto contribuíndo no patrocinio do traballo de campo, da infraestrutura informática e do cofinanciamento da edición dos volumes.
A Xunta de Galicia, a través das distintas consellerías e departamentos con responsabilidades en universidades, investigación, cultura e lingua, que colaboraron na subvención dos traballos de tratamento e análise dos materiais.
A Universidade de Santiago de Compostela, que prestou apoio continuado ao proxecto desde o comezo e cofinancia a edición dos volumes desde o volume VI.
O Consejo Superior de Investigaciones Científicas que, a través do extinto Departamento de Geografía Lingüística, contribuíu no financiamento do traballo de campo realizado para a recollida dos materiais do ALGa.