Events

Events archive

  • 12/12/13

    O 12 de decembro ás 12:30 h no Salón de graos da Facultade de Filoloxía o profesor da Universidade do País Vasco (EHU) Gotzon Aurrekoetxea presentará a ferramenta de análise cuantitativa de datos dialectais Diatech.

  • 12/10/13

    Mediante catro sesións, entre o 10 e o 18 de decembro, preténdese familiarizar os lingüistas coas técnicas estatísticas básicas utilizadas habitualmente nas súas áreas de investigación.

  • 11/28/13

    Entre o 28 de novembro e o 3 de decembro terá lugar o Simposio 2013, centrado este ano na fronteira galego-portuguesa.

  • 07/16/13

    Do día 16 ó 19 de xullo terá lugar na Universidade de Santiago o Curso de verán de toponimia: actuación e interpretación, organizado pola profesora Ana Boullón. Os obxectivos deste curso son dar a coñece-la historia da conformación toponímica do territorio, as implicacións da toponimia con outras disciplinas (xeografía, marco xurídico, arqueoloxía e paisaxe, antropoloxía, literatura) e incentiva-la realización de actividades de recollida toponímica e de normalización lingüística.

  • 07/04/13

    O fin primordial dos Cursos será darlle ao alumnado a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Amais das clases de lingua, están programadas leccións sobre literatura, historia, xeografía, arte etc., de Galicia, así como visitas a lugares de especial interese cultural da cidade.

Pages