Este curso de verán da USC proporcionaralle ao alumnado os contidos e competencias necesarios para a posta en marcha ou para a participación en proxectos de innovación dixital no ámbito das Humanidades e das Ciencias Sociais. Asemade, permitiralle achegarse a diferentes proxectos de Humanidades Dixitais, así como coñecer as infraestruturas dixitais de investigación DARIAH e CLARIN.
Novidades
-
15/07/24
!
Curso de verán. Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos
-
08/04/24
!
Premio no PROPOR 2024
Carmen Magariños, Alp Öktem, Antonio Moscoso Sánchez, Marta Vázquez Abuín, Noelia García Díaz, Adina Ioana Vladu, Elisa Fernández Rei e María Baqueiro Vidal, membros do Proxecto Nós, recibiron o premio á mellor demostración na 16th International Conference on Computational Processing of Portuguese (PROPOR 2024) con "Nós-TTS: a Web User Interface for Galician Text-to-Speech".
-
08/04/24
!
Presentación de FONTEGAM e da nova versión de CODOLGA
Hoxe tivo lugar no Pazo de San Roque a presentación de FONTEGAM (Fontes Textuais da Galicia Medieval) e da versión 20 do CODOLGA (Corpus Documentale Latinum Gallaeciae). No acto estiveron presentes a directora do ILG, Elisa Fernández Rei; os investigadores do Instituto José Carracedo Fraga e Xavier Varela Barreiro; o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín Gómez, e Pilar Lorenzo, do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).