Novidades

  • Destacado

    III Xeira CLARIAH-GAL

    29/05/26

    29 de maio terá lugar a III Xeira CLARIAH-GAL, iniciativa promovida por CLARIAH-GAL que busca favorecer o intercambio de coñecemento e a creación de redes entre investigadoras e investigadores que traballan nos ámbitos das Humanidades Dixitais e as tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais. Nestes momentos encóntrase aberto o prazo para o envío de propostas de póster ata o 17 de abril de 2026.

  • Destacado

    Membros do ILG participan nunha xornada sobre IA xerativa na UVigo

    21/04/26

    21 de abril vai ter lugar a xornada A IA xerativa tamén en galego. Dereitos lingüísticos e boas prácticas para a docencia tecnolóxica, organizada pola Universidade de Vigo. Os membros do noso centro Adina Vladu e Manuel González González participan na mesa redonda "Recursos lingüísticos e terminolóxicos para a docencia en galego no ámbito tecnolóxico".

  • Destacado

    Exposición sobre helenismos en galego

    21/04/26

    O proxecto Falas grego, e non o sabes! Helenismos do galego, coordinado pola investigadora do ILG Teresa Amado e que ten como obxectivo a análise das etimoloxías gregas do léxico galego, integra unha exposición sobre proxectos colaborativos na Facultade de Filoloxía da USC.

  • Destacado

    III Faladoiro con Laura Lesta García

    25/03/26

    O 25 de marzo tivo lugar o III Faladoiro con Laura Lesta García, do Middlebury College (Vermont, EE.UU.), organizado pola Comisión de Xénero e Igualdade do Instituto da Lingua Galega. Lesta investiga sobre o humor e a súa relación coa historia e os procesos de formación nacional e identitaria na Península Ibérica, especialmente en Galicia.

  • Destacado

    Inauguración do Punto de Igualdade do ILG

    10/03/26

    O martes 10 de marzo, ás 11 h, inaugúrase o Punto de Igualdade do ILG creado pola Comisión de Xénero e Igualdade do centro. No acto intervirá Sonia Esperanza Rodríguez Boente, delegada para a Igualdade da USC, coa que se manterá a seguir unha conversa aberta.

  • Destacado

    Vítor Míguez, novo coordinador de CLARIAH-GAL

    16/02/26

    O Consello Científico do Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acordou por unanimidade, nunha reunión celebrada o pasado 10 de febreiro na súa sede, propoñer o investigador Vítor Míguez como novo coordinador de CLARIAH-GAL.

  • Destacado

    A revista ELG renova o selo de calidade FECYT

    27/01/26

    A revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega (ELG) renova o selo de calidade da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), un recoñecemento que avala a excelencia editorial e científica das revistas académicas españolas. 

  • Conferencia de Oumar Seydi sobre o pulaar no ILG

    16/04/26

    Oumar Seydi, da Université Assane Seck de Ziguinchor (Senegal), ofrecerá a conferencia "Desafíos de modernización y de enseñanza y aprendizaje del pulaar en Senegal" este xoves 16 de abril, ás 12 horas, na sala de divulgación do noso centro.

  • Aberto o prazo de preinscrición para a XXXVI edición de 'Galego sen fronteiras'

    06/04/26

    Os cursos de verán de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras celebrarán a súa XXXVI edición do 3 ao 24 de xullo de 2026 en Santiago de Compostela. O prazo de preinscrición abre hoxe e permanecerá dispoñible ata o 6 de abril para todas as persoas de fóra de Galicia interesadas en participar.

  • Publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos das axudas a visitas de investigación

    31/03/26

    Acaba de publicarse a listaxe de persoas admitidas e excluídas que se presentaron á convocatoria de axudas para a realización de estadías de investigación no ILG. As persoas aspirantes poden reparar calquera erro ou omisión ata o 31 de marzo, ás 23:59 h, quedando excluídas definitivamente de non facelo.

Páxinas