Novidades

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    21/10/21

    Convócase un contrato no ILG para labores de apoio na compilación e análise de corpus para o coñecemento da lingua das novas xeracións galegas. A súa duración é de 5 meses e a xornada do 75%. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 26 de outubro.

  • Defensa da tese de doutoramento de Vítor Míguez Rego

    18/10/21

    O luns 18 de outubro, ás 10:30 h, Vítor Míguez Rego defendeu a súa tese de doutoramento "Aproximación á modalidade epistémica en galego: o dominio adverbial", dirixida por Francisco Cidrás Escáneo.

  • Simposio ILG 2021. 50 anos

    18/10/21

    A vixésimo primeira edición do Simposio do ILG coincide cronoloxicamente cos 50 anos da súa fundación, en maio de 1971.

  • Retransmisión do Simposio ILG 2021 a través da canle de Youtube da USC

    18/10/21

    Hoxe, ás 17.00 h, dará comezo o Simposio ILG 2021. 50 anos, en homenaxe a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González, no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC. As sesións tamén poderán seguirse a través da canle de Youtube da USC nas seguintes ligazóns:

  • Acto de homenaxe a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González

    17/10/21

    O ILG réndelle unha homenaxe a tres dos seus máis destacados investigadores: Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González. O acto terá lugar o 22 de outubro, ás 18.30 h, na Facultade de Filoloxía da USC, co seguinte programa:

  • Entrega de premios do concurso de vídeo Móvete

    17/10/21

    O 22 de outubro, ás 17.00 h, terá lugar no salón de actos da Facultade de Filoloxía da USC a entrega de premios do concurso de vídeo Móvete, dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

  • Simposio ILG 2021. 50 anos

    01/10/21

    O Simposio ILG 2021 decorrerá do 18 ao 21 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC. A vixésimo primeira edición do Simposio coincide cronoloxicamente cos 50 anos da fundación do Instituto, en maio de 1971.

  • Convocatoria pública ordinaria 8/2021

    17/08/21

    Convocatoria pública ordinaria 8/2021 de contratación de persoal para colaborar en actividades e proxectos de investigación.

  • A transmisión interxeracional do galego

    03/08/21

    No último número da revista Hispanismes. Revue de la Société des Hispanistes Français publícase un traballo de Henrique Monteagudo, Anik Nandi e Xaquín Loredo.

  • Novo número da revista ELG

    29/07/21
    Publícase o número 13 (2021) da revista Estudos de Lingüística Galega.
    Este número contén contribucións de profesores e investigadores de universidades galegas, portuguesas, brasileiras e estadounidenses.

Páxinas