Convócase un contrato no ILG para labores de apoio na compilación e análise de corpus para o coñecemento da lingua das novas xeracións galegas. A súa duración é de 5 meses e a xornada do 75%. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 26 de outubro.
Novidades
-
Convocatoria pública de contratación de persoal
21/10/21 -
Defensa da tese de doutoramento de Vítor Míguez Rego
18/10/21O luns 18 de outubro, ás 10:30 h, Vítor Míguez Rego defendeu a súa tese de doutoramento "Aproximación á modalidade epistémica en galego: o dominio adverbial", dirixida por Francisco Cidrás Escáneo.
-
Simposio ILG 2021. 50 anos
18/10/21A vixésimo primeira edición do Simposio do ILG coincide cronoloxicamente cos 50 anos da súa fundación, en maio de 1971.
-
Retransmisión do Simposio ILG 2021 a través da canle de Youtube da USC
18/10/21Hoxe, ás 17.00 h, dará comezo o Simposio ILG 2021. 50 anos, en homenaxe a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González, no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC. As sesións tamén poderán seguirse a través da canle de Youtube da USC nas seguintes ligazóns:
-
Acto de homenaxe a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González
17/10/21O ILG réndelle unha homenaxe a tres dos seus máis destacados investigadores: Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González. O acto terá lugar o 22 de outubro, ás 18.30 h, na Facultade de Filoloxía da USC, co seguinte programa:
-
Entrega de premios do concurso de vídeo Móvete
17/10/21O 22 de outubro, ás 17.00 h, terá lugar no salón de actos da Facultade de Filoloxía da USC a entrega de premios do concurso de vídeo Móvete, dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.
-
Simposio ILG 2021. 50 anos
01/10/21O Simposio ILG 2021 decorrerá do 18 ao 21 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC. A vixésimo primeira edición do Simposio coincide cronoloxicamente cos 50 anos da fundación do Instituto, en maio de 1971.
-
Convocatoria pública ordinaria 8/2021
17/08/21Convocatoria pública ordinaria 8/2021 de contratación de persoal para colaborar en actividades e proxectos de investigación.
-
A transmisión interxeracional do galego
03/08/21No último número da revista Hispanismes. Revue de la Société des Hispanistes Français publícase un traballo de Henrique Monteagudo, Anik Nandi e Xaquín Loredo.
-
Novo número da revista ELG
29/07/21Publícase o número 13 (2021) da revista Estudos de Lingüística Galega.Este número contén contribucións de profesores e investigadores de universidades galegas, portuguesas, brasileiras e estadounidenses.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »