Neste simposio pretendemos mostrar posibles análises lingüísticas de situacións de contacto en comunidades que nos son próximas cultural e xeograficamente no ámbito peninsular. Os conferenciantes convidados mostrarán de que xeito se pode abordar a descrición e análise desta constante na historia lingüística da humanidade.
Novidades
-
Simposio ILG 2018: Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica
12/11/18 -
Léxico dialectal y lexicografía en la Iberorromania
12/11/18María Álvarez de la Granja e Ernesto González Seoane editan un volume sobre Léxico dialectal y lexicografía en la Iberorromania, publicado en Iberoamericana Vervuert.
-
I Jornadas em Variação e Cartografia Linguística
09/11/18O venres 9 de novembro tiveron lugar na Universidade de Aveiro as I Jornadas em Variação e Cartografia Linguística. Neste encontro participaron os profesores Francisco Dubert e Xulio Sousa, especialistas en xeografía lingüística e variación lingüística.
-
Convocatoria pública de contratación de persoal
08/11/18Resolución 13/2018, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación.
-
XXXVII Xornaes Internacionales d'Estudiu
07/11/18Do 6 ao 8 de novembro tiveron lugar en Oviedo as XXXVII Xornaes Internacionales d'Estudiu. A profesora Elisa Fernández Rei participou neste encontro.
-
A rede TecAnDaLi, coordinada polo ILG, finalista dos premios da Crítica Galicia na modalidade de Investigación
05/11/18A rede Tecnoloxías e análise dos datos lingüísticos (TecAnDaLi), constituída por sete grupos de investigación do Sistema Universitario Galego e coordinada polo grupo Filoloxía e Lingüística Galega (FILGA), foi finalista dos Premios da Crítica Galicia na modalidade de Investigación.
-
Conferencia de Francisco Fernández Rei nas Giornate Internazionali sulla Situazione Linguistica in Italia
22/10/18O profesor Francisco Fernández Rei impartiu nas Giornate Internazionali sulla Situazione Linguistica in Italia unha comunicación sobre o marco legal e a situación das minorías étnico-lingüísticas de Italia.
-
III Simposio Norteamericano de Estudos Galegos
16/10/18Do 18 ao 20 de outubro de 2018 tivo lugar en Denver, Colorado, o III Simposio Norteamericano de Estudos Galegos.
-
Reunión no Porto cos participantes do programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional
16/10/18A investigadora Marta Negro Romero reuniuse en Rebordosa (Porto) cos docentes e o alumnado participante no programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, promovido polo Instituto da Lingua Galega.
-
LUSOCONF2018
16/10/18Do 19 ao 20 de outubro tivo lugar no Instituto Politécnico de Bragança o I Encontro Internacional de Língua Portuguesa e Relações Lusófonas (LUSOCONF2018).
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- …
- seguinte ›
- última »