logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- anti-Semitism, anti-social, anti-specialist, anti-terrorist, antithesis, anti-tribe, anti-western, antler, Antwerp, anxiety, anxious, anxiously, any, anybody, anyhow, anymore, anyone, anything, anyway


anxiety


- noun
- ansiedade

EN The light in the garden told her that; and the whitening of the flowers and something grey in the leaves conspired together to rouse in her a feeling of anxiety.
GL Díxollo a luz do xardín; e a palidez das flores e certo ton gris das follas conspiraban para espertar nela un sentimento de ansiedade.
- Fonte: CAR (817)
- preocupación

EN You must remember his constant anxiety about that unfortunate young man his brother.
GL Debe recorda-la súa constante preocupación polo seu pobre e desafortunado irmanciño.
- Fonte: ERN (757)
- inquedanza

EN "The print and broadcast media echo rising anxiety about the impact of scientific advances, which have much less support and raise many more questions than they did fifteen or twenty years ago," says Suzanne de Cheveigné, a media expert at France's National Centre for Scientific Research (CNRS).
GL "A prensa e os medios audiovisuais fanse eco de inquedanzas crecentes sobre as consecuencias da ciencia, que suscita moitas máis obxeccións éticas que fai quince ou vinte anos", confirma Suzanne de Cheveigné, especialista en medios de comunicación do Centro Nacional de Investigacións Científicas de Francia (CNRS).
- Fonte: C01 (1139)
- inquietude

EN Today this lesson of history is causing anxiety among politicians, scientists and public opinion concerned about the current far-reaching developments in biotechnologies.
GL É evidente que esta lección de historia alimenta as inquietudes dos responsables políticos, dos investigadores e, en sentido máis amplo, da opinión pública fronte ós inmensos adiantos das bioteconoloxías.
- Fonte: C18 (716)
- desacougo

EN But the real impetus for their actions is a deep anxiety over a sluggish economy and changing gender roles.
GL Mais o auténtico motor das súas accións é un fondo desacougo ante o estancamento da economía e a transformación da sociedade.
- Fonte: C07 (697)