logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- anti-terrorist, antithesis, anti-tribe, anti-western, antler, Antwerp, anxiety, anxious, anxiously, any, anybody, anyhow, anymore, anyone, anything, anyway, anywhere, apace, Apache


any


- adjective or pronoun
- calquera

EN Any sound that was not germane to the night would make them alert.
GL Calquera son que non viñese da noite podía poñelos sobre aviso.
- Fonte: PER (1529)
- algún

EN She could not understand how she had ever felt any emotion or any affection for him.
GL Non daba entendido como sentira antes algunha emoción ou agarimo por el.
- Fonte: CAR (1220)
- ningún

- Posto que any non é unha partícula negativa, cando ten o sentido de ningún o verbo en inglés debe ir en forma negativa. EX: He doesn't have any friends > Non ten ningún amigo.

EN She said nothing to any of the young people concerned, nor to any one else except Sally.
GL Non lle dixo nada a ningún dos mozos interesados nin a ninguén con excepción de Sally.
- Fonte: LEG (358)
- todo

EN After Porriño, a pleasant little town of arcaded streets and granite houses, the scenery becomes more striking than any yet seen in Galicia.
GL Despois do Porriño, unha viliña agradable con rúas con soportais e casas de pedra, a paisaxe faise máis impresionante ca todo o visto ata o de agora en Galicia.
- Fonte: GAL (1017)
- outro

EN He was a wise philosopher, but had no acquaintance with any spirits but those clad in flesh and blood.
GL Era un filósofo moi sabio, mais non coñecía outros espíritos que non fosen os recubertos de carne e óso.
- Fonte: MOR (162)


- adjective
- []

EN "Look here," he said, "I badly want a drink, but I haven't any cash --except five pounds sterling.
GL --Mire unha cousa --engadiu el--, necesito con toda urxencia unha copa, pero non teño diñeiro en efectivo senón cinco libras esterlinas.
- Fonte: TER (182)
- un

EN But in order to justify my friend, he confessed that this expedient was put into his head by the famous Psalmanazar, a native of the island Formosa, who came from thence to London above twenty years ago, and in conversation told my friend, that in his country when any young person happened to be put to death, the executioner sold the carcass to persons of quality as a prime dainty (...).
GL Sen embargo, o meu amigo para desculparse confesou que quen lle metera a idea na cabeza fora o famoso Psalmanazar, un nativo da illa de Formosa que veu dende alí ata Londres hai uns vinte anos e que, conversando, lle dixo que no seu país, cando unha persoa era sentenciada a morte, o verdugo vendía o cadáver como un manxar de primeira clase ás persoas da aristocracia (...).
- Fonte: PRO (31)
- un pouco de

EN The author of one article even suggested I ought to commit suicide if I had any self-respect left.
GL O autor do artigo chegou a suxerirme o suicidio, se aínda me quedaba un pouco de dignidade.
- Fonte: C19 (1201)
- algo de

EN You cannot throw any light upon the tragedy?
GL ¿Pode vostede botar algo de luz sobre esta traxedia?
- Fonte: ASA (2136)
.....--- in any case
- de todos os xeitos

EN There was the medical evidence, but that could not prove more than that he had died, say, within a half-hour, and in any case the medical evidence was only as strong as Dr. Winkler's word: that clean, controlled man creaking among his crucifixes.
GL Logo estaba o certificado médico, pero o único que podía demostrar era que morrera nun prazo de, poñamos por caso, media hora; e de todos os xeitos, o certificado médico valía o que a palabra do doutor Winkler, aquel home, prodixio de autocontrol, que renxía entre os seus crucifixos.
- Fonte: TER (879)
- en todo caso

EN In any case it's clear what a museum must not do: namely boil down its exhibits to excerpts from a book whose crammed pages can be read by the long-suffering visitors as they walk down a hallway into rooms full of scale models for demonstrations and videos and computers that look like shopfronts of electrical stores.
GL Está claro, en todo caso, que é o que non debe facerse nun museo: reduci-las exposicións a uns libros cunhas páxinas que foron ampliadas para que o sufrido visitante as lea ó pasar por un corredor, salas repletas de vídeos e ordenadores que parecen máis ben tendas de electrodomésticos e maquetas para poñer en escena todo tipo de demostracións.
- Fonte: C22 (784)
.....--- at any rate
- en calquera caso

EN Thus speaking, you will in all probability gag him; which is, at any rate, one desirable thing gained when a man insists on disturbing a company by disputing and talking philosophy.
GL Falando así, pillarao con toda probabilidade; o que é, en calquera caso, unha cousa desexable gañada cando un home insiste en desturba-la compaña discutindo e falando de filosofía.
- Fonte: LET (599)
- polo menos

EN The public's need to see films that end with a ray of hope comes from the theory of socialist realism that was dinned into us at school, at any rate into those of us who were brought up in eastern Europe.
GL Esa necesidade do público de que ó final da película se albisque unha esperanza é unha secuela da teoría do realismo socialista que nos inculcaron na escola, polo menos nos países do Leste.
- Fonte: C19 (1262)


- pronoun
.....--- any more
- xa

EN She's ten now, and not such a tiny little kid any more, but she still kills everybody -- everybody with any sense, anyway.
GL Agora xa ten dez anos, xa non é tan pequena, pero séguelle caendo moi ben a todo o mundo. Polo menos ós que teñen sentido.
- Fonte: VIX (2283)