logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- Armenia, Armenian, armful, armistice, armour, armoured, armoury, armpit, armrest, army, aroma, aromatic, around, arousal, arouse, arraignment, arrange, arrangement, arrant


army


- noun
- exército

EN Oh, he went off to the army in the beginning of the war; some say he was killed at the storming of Stony Point --others say he was drowned in a squall at the foot of Antony's Nose.
GL ¡Ah! Alistouse no exército cando empezou a guerra. Algúns din que o mataron na batalla de Stony-Point, e outros que afogou durante unha tempestade ó pé do outeiro de Anthony's Nose.
- Fonte: RIP (173)
- lexión

EN It took an army of Asian construction workers years to dynamite and dig the tunnels to lay the giant concrete pipes, four metres in diameter, wide enough for a subway train to pass -- or tanks, missiles and troops, according to a few Western media reports citing anonymous sources which claim that the Man-Made River is intended for covert military purposes.
GL Unha lexión de obreiros asiáticos necesitou anos para dinamitar, cava-los túneles e instala-los xigantescos tubos de formigón de catro metros de diámetro, tan grandes que permitirían o paso dun tren subterráneo. Ou de tanques, mísiles e tropas, pois segundo algúns artigos da prensa occidental que citan fontes anónimas, o Gran Río Artificial tería finalidades militares secretas.
- Fonte: C19 (668)
.....--- Salvation Army
- Exército de Salvación

EN The one right next to me had one of those straw baskets that you see nuns and Salvation Army babes collecting dough with around Christmas time.
GL A que estaba máis preto de min tiña un deses cestos de palla cos que as freiras e mailas do Exército de Salvación piden cartos por Nadal.
- Fonte: VIX (3619)


- adjective
- militar

EN 1983 The Liberation Tigers of Tamil Eelam (LTTE), an armed guerrilla movement fighting for a separate homeland for Tamils, ambushes an army convoy killing 13 soldiers and triggering anti-Tamil riots all over the country in which more than 2,500 people are killed.
GL 1983 Os Tigres de Liberación da Patria Támil, un grupo armado que loita por un Estado independente (Eelam tamil), matan nunha emboscada a 13 soldados dun convoi militar, desencadeando en todo o país revoltas contra os támiles que se saldan con 2.500 mortos.
- Fonte: C18 (1404)