logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- armrest, army, aroma, aromatic, around, arousal, arouse, arraignment, arrange, arrangement, arrant, arras, array, arrears, arrest, arrested, arrival, arrive, arrogance


arrangement


- noun
- arranxo

EN The arrangement is often made amicably, without legal formalities, but sometimes ends in long-drawn-out lawsuits.
GL O arranxo faise normalmente dun xeito amigable, sen formalismos legais, pero ás veces remata en pleitos interminables.
- Fonte: GAL (71)
- preparativo

EN You do not seem to realize that one may have friends awaiting one's arrival in London, and that a day's delay upsets arrangements and causes a lot of annoyance.
GL Parece vostede esquecer que unha pode ter amigos en Londres que estean agardando a súa chegada e que un atraso dun día pode trastornar tódolos preparativos e causar moitas molestias.
- Fonte: ASA (4396)
- disposición

EN MY DEAR M, In this, my second and last letter of preface, I shall settle the idea and the arrangement of my papers: there will be in all about seven, of which four will exhibit the material on which the student is to work; the other three, the tools with which the workmanship is to be conducted.
GL Estimado M.: Nesta, a miña segunda e derradeira carta de prefacio, asentarei a idea e a disposición das miñas notas. Haberá en total sete, catro das cales amosarán o material no que o estudiante ha de traballar; as outras tres, os instrumentos cos que o labor se ha de conducir.
- Fonte: LET (122)
- amaño

EN Early upon the morning following those hours passed in Arobin's society, Edna set about securing her new abode and hurrying her arrangements for occupying it.
GL Ás primeiras horas da mañá que seguiron ó encontro de Arobin, Edna dispúxose a asegurar para si un novo fogar e a bulir nos amaños necesarios para ocupalo.
- Fonte: ESP (2385)
- organización

EN In some of these visions of Utopias and coming times which I have read, there is a vast amount of detail about building, and social arrangements, and so forth.
GL Nalgunhas das visións de Utopías e tempos vindeiros que lin, hai gran cantidade de detalles sobre a construcción, a organización social e demais cousas.
- Fonte: TEM (898)
- acordo

EN Even the most cordial and co-operative of neighbouring nations have found it difficult to achieve acceptable arrangements for their transboundary surface waters.
GL Por cordiais que sexan as relacións e a cooperación entre eles, sempre lles custou chegar a acordos adecuados respecto das súas augas superficiais transfronteirizas.
- Fonte: C04 (529)
- medida

EN In some sports such as shooting, disabled and non-disabled athletes can perform on equal terms if suitable arrangements are made.
GL En certos deportes coma o tiro, os atletas discapacitados poden obter resultados tan bos coma os non discapacitados, sempre que se adopten certas medidas.
- Fonte: C14 (186)
- ordenación

EN But this protection covered only the selection and arrangement of the data, in other words the structure or container of the base, not its content.
GL Pero esa protección só se refería á selección e á ordenación dos datos, con exclusión do contido.
- Fonte: C18 (980)
- convenio

EN The University of Washington's arrangement with Monsanto, by comparison, allows the company both to file the patent and to see it through to publication, an abdication of control that Berkeley would never assent to, according to Carol Mimura, of its Office of Technology Licensing.
GL O convenio entre a Universidade de Washington e Monsanto, por exemplo, establece que é a empresa a que rexistra a patente e segue o procedemento ata a publicación. Berkeley xamais consentiría semellante abdicación, afirma Carol Mimura, da Oficina de Rexistro de Patentes Tecnolóxicas desa universidade.
- Fonte: C25 (164)
- disposición

EN Many schools prospered under the new arrangements, especially those serving middle and upper-middle class students.
GL Moitas escolas prosperaron ó amparo das novas disposicións, especialmente as que acollían alumnos de clase media e acomodada.
- Fonte: C27 (438)