O 21 de abril vai ter lugar a xornada A IA xerativa tamén en galego. Dereitos lingüísticos e boas prácticas para a docencia tecnolóxica, organizada pola Universidade de Vigo. Os membros do noso centro Adina Vladu e Manuel González González participan na mesa redonda "Recursos lingüísticos e terminolóxicos para a docencia en galego no ámbito tecnolóxico".
Novidades
-
Membros do ILG participan nunha xornada sobre IA xerativa na UVigo
21/04/26 -
Exposición sobre helenismos en galego
21/04/26O proxecto Falas grego, e non o sabes! Helenismos do galego, coordinado pola investigadora do ILG Teresa Amado e que ten como obxectivo a análise das etimoloxías gregas do léxico galego, integra unha exposición sobre proxectos colaborativos na Facultade de Filoloxía da USC.
-
Conferencia de Oumar Seydi sobre o pulaar no ILG
16/04/26Oumar Seydi, da Université Assane Seck de Ziguinchor (Senegal), ofrecerá a conferencia "Desafíos de modernización y de enseñanza y aprendizaje del pulaar en Senegal" este xoves 16 de abril, ás 12 horas, na sala de divulgación do noso centro.
-
Aberto o prazo de preinscrición para a XXXVI edición de 'Galego sen fronteiras'
06/04/26Os cursos de verán de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras celebrarán a súa XXXVI edición do 3 ao 24 de xullo de 2026 en Santiago de Compostela. O prazo de preinscrición abre hoxe e permanecerá dispoñible ata o 6 de abril para todas as persoas de fóra de Galicia interesadas en participar.
-
Publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos das axudas a visitas de investigación
31/03/26Acaba de publicarse a listaxe de persoas admitidas e excluídas que se presentaron á convocatoria de axudas para a realización de estadías de investigación no ILG. As persoas aspirantes poden reparar calquera erro ou omisión ata o 31 de marzo, ás 23:59 h, quedando excluídas definitivamente de non facelo.
-
Visita do alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel
27/03/26O 26 de marzo recibimos a visita de alumnado de primaria e de secundaria do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel, que puido coñecer a través das probas da nosa xincana algúns dos proxectos desenvoltos no ILG.
-
III Faladoiro con Laura Lesta García
25/03/26O 25 de marzo tivo lugar o III Faladoiro con Laura Lesta García, do Middlebury College (Vermont, EE.UU.), organizado pola Comisión de Xénero e Igualdade do Instituto da Lingua Galega. Lesta investiga sobre o humor e a súa relación coa historia e os procesos de formación nacional e identitaria na Península Ibérica, especialmente en Galicia.
-
Convocatoria de dúas axudas para estadías no ILG
24/03/26O ILG convoca para o ano 2026 dúas axudas para a realización de estadías no seu centro por parte de PDI visitante pertencente a calquera universidade ou institución de Educación Superior de fóra de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes esténdese desde o 25 de febreiro ata o 24 de marzo.
-
O Proxecto Nós impulsa en Santiago de Compostela o gran polo atlántico de Tecnoloxías da Linguaxe e IA con Portugal
13/03/26A USC acolleu o II Encontro Luso-Galaico de Procesamento da Linguaxe Natural (PLN), liderado polo Proxecto Nós, unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia e da USC a través do CiTIUS e do ILG. Tras o éxito da primeira edición, que tivo lugar no Porto en xuño de 2024, este segundo encontro consolídase como un espazo fundamental para o fortalecemento das relacións de cooperación en intelixencia artificial aplicada á lingua entre Galicia e Portugal.
-
Inauguración do Punto de Igualdade do ILG
10/03/26O martes 10 de marzo, ás 11 h, inaugúrase o Punto de Igualdade do ILG creado pola Comisión de Xénero e Igualdade do centro. No acto intervirá Sonia Esperanza Rodríguez Boente, delegada para a Igualdade da USC, coa que se manterá a seguir unha conversa aberta.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »





