María Álvarez de la Granja, Francisco Dubert García e Xulio Sousa participan nas conversas temáticas do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", que pretende dar a coñecer a oferta académica e a investigación da USC e o seu contexto social, cultural e espacial.
Novidades
-
Membros do ILG no programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC"
05/02/23 -
Ana Boullón e Luz Méndez dan ao prelo dúas novas publicacións
01/02/23Ana Boullón e Luz Méndez son as editoras de Os camiños de Santiago de Europa a Galicia: Lugares, nomes e patrimonio e Estudos de Onomástica Galega VII. A onomástica literaria. Xornada de estudo. Pontevedra, 15 de outubro de 2022, ambas as obras publicadas pola Real Academia Galega.
-
CORTEGAL, novo recurso do ILG
01/02/23O corpus CORTEGAL, Corpus de textos escritos por estudantes no ámbito académico, resultado do proxecto do mesmo nome dirixido por María Álvarez de la Granja e Ernesto González Seoane, xa se atopa en aberto para a súa consulta.
-
Páxina web sobre os materiais galegos do ALPI
30/01/23O proxecto Variación e cambio nos dominios galego e portugués no século XX, dirixido polo investigador do ILG Xulio Sousa, acaba de facer pública a páxina web Os materiais galegos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica.
-
Número especial sobre o Camiño de Santiago na revista "Journal of Medieval Iberian Studies"
12/01/23O investigador do ILG Henrique Monteagudo editou recentemente, xunto a Simon Doubleday da Hofstra University de Nova York, o número Medieval Galicia: beyond the Camiño da revista Journal of Medieval Iberian Studies.
-
Contrato de investigación para o ILG
30/12/22Atópase aberta a convocatoria dunha praza de investigador(a) colaborador(a) para o ILG, de carácter indefinido e a tempo completo, para a recolleita, análise e tratamento de datos lingüísticos. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de decembro ás 23:59 h. -
Artigo de Rosario Álvarez en "Espais de frontera a la península ibèrica"
26/12/22A investigadora do ILG Rosario Álvarez publica un artigo sobre o proxecto de dialectoloxía cidadá DOA en "Espais de frontera a la península ibèrica", sección monográfica do número 22 de eHumanista IVITRA.
-
Vídeo do Simposio ILG 2022
23/12/22O vídeo da clausura do Simposio ILG 2022 e da presentación do libro en homenaxe a Harvey L. Sharrer xa se pode ver na canle de Youtube do ILG.
-
Artigo de Eva M.ª Domínguez Noya e Vítor Míguez en ELG
18/12/22Eva María Domínguez Noya e Vítor Míguez son os autores do artigo "Unha mellora do CORGA extrapolable a outros corpus e linguas: a etiquetaxe da nomenclatura científica binomial", publicado no último número de Estudos de Lingüística Galega.
-
M.ª Dolores Sánchez Palomino, académica numeraria da RAG
18/12/22A catedrática de Filoloxía Románica da Universidade da Coruña e colaboradora do ILG María Dolores Sánchez Palomino ingresou este sábado na Real Academia Galega (RAG) como membro de número co discurso Ten sentido unha lexicografía académica bilingüe? [De lexicografía e Academias].
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »