Josep Ausensi, da Universitat Rovira i Virgili, impartirá o 21 de xaneiro o seminario en liña Las publicaciones académicas en lingüística: una introducción paso a paso. Ausensi ofrecerá unha guía clara e práctica sobre o proceso de publicación académica no ámbito da lingüística.
Novidades
-
Destacado
Seminario de formación. Las publicaciones académicas en lingüística: una introducción paso a paso
21/01/26 -
Destacado
Conferencia de Francisco Fernández Rei sobre o ALGa no Ateneo de Santiago
19/01/26O Ateneo de Santiago acolle a conferencia de Francisco Fernández Rei “O Atlas Lingüístico Galego, 50 anos despois” o luns 19, ás 19:30 h, na sede da institución. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
-
Destacado
Ramón Mariño e Damián Suárez editan o arquivo dixital 'Papés d’e emprenta condenada'
12/12/25O Consello da Cultura Galega (CCG) pon á disposición do público a ferramenta Papés d’e emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846, a cal permite explorar e analizar a produción escrita en lingua galega durante un período clave da súa historia. Ramón Mariño Paz, investigador do ILG, e Damián Suárez Vázquez son os editores deste arquivo dixital.
-
Destacado
O alumnado do STEMbach do IES Xelmírez II visitou o ILG para coñecer o proxecto Nós e as tecnoloxías da fala
27/11/25O 27 de novembro o Instituto da Lingua Galega recibiu a visita do alumnado do Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) do IES Xelmírez II de Santiago de Compostela. A actividade enmárcase no compromiso do centro coa divulgación científica e coa promoción de vocacións vinculadas á investigación lingüística e ás Tecnoloxías da Linguaxe.
-
Destacado
Sae do prelo o volume VIII do Atlas Lingüístico Galego con 3700 variantes léxicas
31/07/25O ILG vén de publicar, en colaboración coa Fundación Barrié e a Editora USC, o Atlas Lingüístico Galego VIII. Léxico. O ser humano (III). Neste oitavo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) recóllense case 3.700 variantes léxicas para os preto de trescentos conceptos estudados.
-
O galego sitúase na vangarda das tecnoloxías intelixentes a través do Proxecto Nós-ILENIA
18/12/25Conseguiuse que a lingua galega sexa hoxe a décima do mundo con maior número de horas recollidas na plataforma pública Common Voice, ao multiplicar por 20 a súa presenza, posto que se pasou de 18 a 367 horas de rexistros de voz dispoñibles.
-
Aberto ata o 31 de decembro o prazo de envío de propostas para o CIDS 2026
15/12/25O prazo de envío de propostas para participar no VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Socioligüística (CIDS 2026), organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración co Projeto Atlas Linguístico do Brasil, amplíase ata o 31 de decembro de 2025.
-
LingüísticaMente V. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística
12/12/25O 12 de decembro, ás 12 h, terá lugar na Facultade de Psicoloxía (sala de xuntas), a V edición de LingüisticaMente. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística, que contará cos relatorios de Lucía Vieitez (IPsiUS) e Francisco Dubert (ILG).
-
O ILG impulsa un novo espazo anual de encontro coa celebración de ECOS
04/12/25 -
Biografías lingüísticas e transmisión do galego: unha mirada crítica
29/11/25Este curso propón un espazo de reflexión e acción para o profesorado de ensino primario e secundario, centrado na conciencia lingüística crítica como metodoloxía que nos permite reflexionar sobre a transmisión interxeracional da lingua galega e a súa incorporación ás biografías lingüísticas do alumnado. O prazo de inscrición xa se encontra aberto.





