Novidades

  • O Proxecto Nós impulsa en Santiago de Compostela o gran polo atlántico de Tecnoloxías da Linguaxe e IA con Portugal

    13/03/26

    A USC acolleu o II Encontro Luso-Galaico de Procesamento da Linguaxe Natural (PLN), liderado polo Proxecto Nós, unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia e da USC a través do CiTIUS e do ILG. Tras o éxito da primeira edición, que tivo lugar no Porto en xuño de 2024, este segundo encontro consolídase como un espazo fundamental para o fortalecemento das relacións de cooperación en intelixencia artificial aplicada á lingua entre Galicia e Portugal.

     
  • Inauguración do Punto de Igualdade do ILG

    10/03/26

    O martes 10 de marzo, ás 11 h, inaugúrase o Punto de Igualdade do ILG creado pola Comisión de Xénero e Igualdade do centro. No acto intervirá Sonia Esperanza Rodríguez Boente, delegada para a Igualdade da USC, coa que se manterá a seguir unha conversa aberta.

  • Conferencia de Carsten Sinner sobre o galego e o castelán de Uruguai

    03/03/26

    O ILG acollerá o vindeiro 3 de marzo, ás 11:00 horas, a conferencia “O contacto entre galego e castelán en Uruguai. Análises sobre o corpus PRESEEA de Montevideo”, impartida por Carsten Sinner, catedrático de Lingüística e Translatoloxía das Linguas Iberrománicas na Universidade de Leipzig e director do Centro de Estudos Galegos desta institución.

  • 'Visita e café' con Carlos Cernadas Carrera

    26/02/26

    O ILG acollerá o xoves 26 de febreiro, ás 11:00 h, un novo encontro de Visita e café co profesor Carlos Cernadas Carrera, da Universidade Federal do Pará (UFPA). Esta iniciativa está pensada para que os investigadores e investigadoras visitantes compartan co persoal do centro as súas liñas de investigación e fortalecer deste xeito as redes persoais e académicas.

  • O Proxecto Nós participa no programa 'Modo Galego, actívao!'

    24/02/26

    O Proxecto Nós, desenvolto polo ILG e o CiTIUS da USC, sumouse á iniciativa Modo Galego, actívao!, un programa de inmersión lingüística promovido pola Real Academia Galega e o Concello de Ames, que lle propón ao alumnado do Concello distintos retos diarios ou semanais ao longo de varios meses para fomentar o uso do galego.

  • Vítor Míguez, novo coordinador de CLARIAH-GAL

    16/02/26

    O Consello Científico do Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acordou por unanimidade, nunha reunión celebrada o pasado 10 de febreiro na súa sede, propoñer o investigador Vítor Míguez como novo coordinador de CLARIAH-GAL.

  • Seminario de Eva Moreda sobre paisaxes históricas sonoras na Galicia do XIX

    12/02/26

    O grupo FILGA da Universidade de Santiago de Compostela organiza o seminario Paisaxes históricas sonoras na Galicia do XIX: entre música, Estudos sonoros e literatura, impartido por Eva Moreda Rodríguez, da University of Glasgow. O evento vai ter lugar o xoves 12 de febreiro, ás 13 h, na sala B15 da Facultade de Filoloxía da USC.

  • Aberto o prazo para matricularse no mestrado EMLex ata o 2 de febreiro

    02/02/26

    O período para matricularse e solicitar unha das 20 bolsas para o Mestrado Europeo de Lexicografía (EMLex) encóntrase aberto ata o 2 de febreiro. O EMLex é un mestrado de carácter interuniversitario coordinado pola investigadora do Instituto da Lingua Galega María José Domínguez Vázquez. O ILG é un dos centros en que o alumnado participante pode realizar as súas prácticas.

  • A revista ELG renova o selo de calidade FECYT

    27/01/26

    A revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega (ELG) renova o selo de calidade da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), un recoñecemento que avala a excelencia editorial e científica das revistas académicas españolas. 

  • Investigadoras do ILG participan na 'III Xornada Con-Ciencia' cos centros de secundaria

    22/01/26

    As investigadoras do ILG María Álvarez de la Granja, Marta Negro Romero e Reyes Rodríguez Rodríguez participaron o 22 de xaneiro na Facultade de Filoloxía na III Xornada Experiencias Con-Ciencia, que ten por obxectivo fomentar o interese na ciencia e na investigación desenvolvida na Facultade de Filoloxía entre os estudantes de 4.º da ESO e 1.º de bacharelato dos centros de ensino secundario.

Páxinas