O prazo de envío de propostas para participar no VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Socioligüística (CIDS 2026), organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración co Projeto Atlas Linguístico do Brasil, amplíase ata o 31 de decembro de 2025.
Novidades
-
Aberto ata o 31 de decembro o prazo de envío de propostas para o CIDS 2026
15/12/25 -
LingüísticaMente V. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística
12/12/25O 12 de decembro, ás 12 h, terá lugar na Facultade de Psicoloxía (sala de xuntas), a V edición de LingüisticaMente. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística, que contará cos relatorios de Lucía Vieitez (IPsiUS) e Francisco Dubert (ILG).
-
Biografías lingüísticas e transmisión do galego: unha mirada crítica
29/11/25Este curso propón un espazo de reflexión e acción para o profesorado de ensino primario e secundario, centrado na conciencia lingüística crítica como metodoloxía que nos permite reflexionar sobre a transmisión interxeracional da lingua galega e a súa incorporación ás biografías lingüísticas do alumnado. O prazo de inscrición xa se encontra aberto.
-
Metodoloxías de documentación lingüística para o estudo da variación
28/11/25O 28 de novembro levarase a cabo no ILG esta xornada formativa que consta de dúas sesións impartidas por Víctor Bargiela Zotes (UNED) e Luís Jesus (ESSUA, IEETA, LASI, CLLC, Universidade de Aveiro, Portugal). O prazo de inscrición finaliza o 24 de novembro.
-
O alumnado do STEMbach do IES Xelmírez II visitou o ILG para coñecer o proxecto Nós e as tecnoloxías da fala
27/11/25O 27 de novembro o Instituto da Lingua Galega recibiu a visita do alumnado do Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) do IES Xelmírez II de Santiago de Compostela. A actividade enmárcase no compromiso do centro coa divulgación científica e coa promoción de vocacións vinculadas á investigación lingüística e ás Tecnoloxías da Linguaxe.
-
Congreso polo 50.º aniversario da Facultade de Filoloxía
26/11/25A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Congreso Internacional Unha Filoloxía para o Século XXI. Pasado, Presente e Futuro. Linguas, Literaturas e Culturas, que terá lugar nas súas instalacións do 26 ao 28 de novembro de 2025, co gallo do 50.º aniversario da súa fundación. O prazo para o envío de propostas encóntrase aberto ata o 20 de xullo.
-
"Visita e café" con Leticia Santín Gallego
20/11/25O xoves 20 de novembro tivo lugar un novo encontro de Visita e café con Leticia Santín Gallego, investigadora da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
-
Simposio ILG 2025. A intelixencia artificial e a lingua galega: oportunidades e riscos
18/11/25Encóntrase aberto ata o 13 de novembro o prazo de inscrición para participar no Simposio ILG 2025, en que se reflexionará sobre o presente e o futuro da lingua galega na era dixital. Este evento terá lugar do 18 ao 20 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC.
-
Aberto o prazo de envío de propostas para participar no VIII CIDS
15/11/25O VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Sociolingüística (CIDS 2026), organizado polo ILG en parcería co Projeto do Atlas Linguístico do Brasil, vai ter lugar en Santiago de Compostela do 13 ao 16 de xullo de 2026. O prazo de envío de propostas encóntrase aberto ata o 15 de novembro de 2025.
-
Faladoiro “Mulleres e rurais na Galiza (1936-1982): algunhas cuestións para a reflexión”
11/11/25
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »





