Pablo García Martínez participará o vindeiro 6 de outubro no seminario de investigación Memorias literarias e culturais: perspectivas ibéricas e diálogos transatlánticos, organizado polo grupo ILLA da Universidade da Coruña.
Novidades
-
Pablo García Martínez no seminario "Memorias literarias e culturais"
06/10/22 -
Manuel González galardoado nos Premios da Cultura Galega
05/10/22O investigador do ILG Manuel González González foi galardoado pola súa traxectoria na modalidade de Lingua na última edición dos Premios da Cultura Galega.
-
Membros do ILG no VI CODILI
05/10/22Os investigadores do ILG Ricardo Pichel, Xulio Sousa e Xavier Varela participan no VI Congreso Internacional de Corpus Diacrónicos en Lenguas Iberorrománicas (CODILI), que ten lugar na Università Ca’ Foscari de Venecia.
-
Convocatoria de catro contratos para traballar no ILG
29/09/22O prazo de presentación de solicitudes remata o 6 de outubro.
-
LingüisticaMente II: diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística
28/09/22O 28 de setembro vai ter lugar na sala de conferencias do ILG o encontro LingüisticaMente II, organizado polos grupos de investigación PCC e FILGA da Universidade de Santiago de Compostela.
-
Aberto o prazo de inscrición no Plan Proxecta
26/09/22O ILG participa con dous programas no Plan Proxecta da Xunta de Galicia destinado aos centros de ensino.
-
Membros do ILG no "XIII Congreso da AIEG"
21/09/22Diversos membros do ILG participan no XIII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, que ten lugar en Varsovia entre o 21 e o 24 de setembro.
-
Congreso "Os camiños de Santiago de Europa cara a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio"
21/09/22A Real Academia Galega organiza, coa colaboración do ILG e da Asociación Galega de Onomástica, o congreso internacional de toponimia Os camiños de Santiago de Europa cara a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio, que terá lugar entre o 21 e o 23 de setembro.
-
Artigo de Maria Santos en ELG
20/09/22Maria Helena Pessoa Santos, profesora da UTAD, publica en Estudos de Lingüística Galega o artigo "Variação no uso do verbo auxiliar estar com valor progressivo – Uma curiosidade sintática na primeira novela contemporânea portuguesa".
-
Artigo de Francisco Fernández Rei no libro de homenaxe a Francho Nagore e Chesús Vázquez
20/09/22O artigo "Arear o peixe antes de cociñalo: textos da cultura mariñeira de Fefiñáns (ría da Arousa)", do investigador do ILG Francisco Fernández Rei, vén de ser publicado no volume Arredol d'a parola: conoxer, amar, esfender l'aragonés. Treballos en omenache a Francho Nagore e Chesús Vázquez.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »